Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 19 de abril de 2023
Un heroe testán

Recuei. Os heroes tamén teñen dereito a pasar medo. Polo menos algo de medo. No medio do atallo que vai da Finca Fierro á Valenzá un enorme, inmenso gorila cortábame o paso. Ó velo, que queredes, puxéronseme de gravata. Polo mastodonte que era e porque non o contaba nese lugar. Que non estou en África! Imaxinei un circo, pero non sabía de ningún instalado nos arredores.
Pingas de Orballo Cando recuara un pouco penseino mellor e volvín sobre os tres ou catro pasos que dera. Os heroes teñen dereito a ter medo, pero, que carallo, son un heroe. Encareime ó bicho. Non tardou en xesticular desa forma que sabemos todos. Se intentaba pasar pola esquerda, el inclinábase cara á súa dereita. E como era grande coma el só, axiña ocupaba esa ladeira. Se intentaba seguir polo outro lado, el, de castrón, apoiaba toda a súa envergadura sobre o seu lado esquerdo e o camiño quedaba de novo atrancado.
Mireino fixamente ós ollos e faleille. Faleille á miña maneira, claro. El tamén me falou á súa, e sen entendelo nada souben que a súa conversa non era nada agradable e, o peor, que por alí non pasaba. Os heroes, a maiores do pouco medo e da moita valentía, tamén somos testáns. "A ver quen cansa antes", lle dixen. E iniciamos un bambán para abrir e cortar camiño. Cando cansou, nun santiamén, botou as mans á cabeza, arrincou esta e debaixo estaba o puto Andy Serkis facendo de King Kong. Non sei se rin ou se rebentei de carraxe. Si sei que, sen dicirlle nada máis, pasei.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES