Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 18 de abril de 2023
O rei do entusiasmo

A desgana furga nas poucas ansias que hai para facer algo, ou sexa, para escribir. A canseira quere ser dona e señora deste tempo morto no café. Pero hai forzas que non desalentan ante unha simple fatiga. Porque son o heroe dos dixomedíxome e o lóstrego, o alustro que alumea nas follas escuras do caderno, como non, negro. Sei que escribo como predico no deserto. Mais sempre confío en que tan só un escorpión ou os refachos de vento me presten atención.
Pingas de Orballo A verdade é que nunca deixo caducar os pensamentos. Para que? Caducados ou prescritos xa non serven, non proceden. Hai que cuspilos ó momento ou subilos á Perla Negra e que naveguen polas páxinas da realidade e polas ondas da autenticidade. Polos versos da fantasía van os soños. Estes son máis fantásticos que reais.
Agora, á desgana de escribir, súmanse dous dedos da man dereita que se me encambran para que non colla como é debido o bolígrafo, ou o que é o mesmo, para que non escriba ben. Pero coma heroe da fábula da historia que son, sigo dálle que dálle á ilusión de vencer a todo aquilo que se me poña por diante. Son eu o tal coma para ter que recuar ante os pecados dos sachos e as ladaíñas das aixadas. Descargo queixas e carraxes coa forza dun labrego ó que non lle queda outra que seguir a rir da canseira, da fatiga. Porque as ansias de facer, de acabar non se derruban por unha simple apatía. Son o rei do entusiasmo, do brío, do afervoamento.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES