Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Abandono rural, descoido ortográfico

lunes, 17 de abril de 2023
Abandono rural, descoido ortogrfico Seguen os ruxerruxes políticos sobre o abandono do rural. Agora, que o deixaron perder. O Congreso seica estuda a forma de protexer con axudas os locais que lle dan vida ós concellos pequenos, é dicir, máis ou menos ós bares, que son practicamente os únicos negocios que quedan. A verdade é que, efectivamente, nisto nótase tamén o abandono do rural. Lembro, por exemplo, de Baños de Molgas que sempre diciamos que en toda a estrada que vai de Maceda a Allariz... "cada casiña, seu bar". Agora creo que hai tan só tres ou catro.

Tanto se nota o abandono que incluso repercutiu na propia Semana Santa ―e iso que a ocupación hostaleira seica estivo practicamente a tope―, pois segundo informaba este propio periódico hai uns días, para salvar as procesións houbo que botar man de confrades latinos e emigrantes. Agora que chegan as eleccións, xa veredes como os dixomedíxomes rurais andarán en boca de todos neses mitins que, oh, milagre, se desenvolverán nos recantos máis afastados dos concellos. Entramos nuns días nos que os políticos locais saben da existencia de aldeas e recantos e lugares e barrios, ata que rematen as eleccións. O 29 de maio asomará outro abandono máis no propio rural, o desa sociedade que, para os políticos, só conta cada catro anos. Xa se empezan a anunciar actos electorais en sitios nos que, en catro anos, non se viu a ninguén dos concellos. Tamén é verdade, non sei de que nos queixamos; o castigo está nas nosas mans, pero deixamos enganarnos coma paspáns. O día 28 de maio iremos correndo a introducir un sobre nunha urna para alguén que, despois, nin puto caso.

Abandono rural, descoido ortográficoA semana tamén nos deixou unha nova que, a min persoalmente, me alegrou bastante; a de que as faltas de ortografía descontarán 0,25 puntos nos exames da selectividade. A ver, por nada do mundo lles desexo suspensos ós estudantes, pero onde estea unha escritura clara e entendible... E hoxe, influenciados, iso si, polas redes sociais, creo que hai escrituras que botan para atrás, que mesmo fan dano nos ollos. Faltas de ortografías hai a esgalla, pero só os acentos e as comas mal postas serían xa suficientes para non entender un texto. Algo comparable a circular por unha autovía ou pola N-540, de Ourense a Lugo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES