Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 13 de abril de 2023
Tarde de primavera

Sento nunha terraza porque a tarde está para tomar algo fóra. Eu só tomo café. A tarde é de primavera porque estamos na primavera. Hai que dicir todo, tal cal é. O sol asoma. Estou á sombra. As pombas, sen vergonza, soben ás mesas para buscar migallas do que sexa. As pombas son bonitas. As pombas son molestas. As pombas son pombas.
Pingas de OrballoTomo o café que está rico, rico. Pasan os coches e pasa algunha moto. Arestora non pasa ningunha persoa. As que vexo están todas sentadas en terrazas. Pasou un monopatín. Pasa o ruído bastante caladiño, que xa e dicir. Normal, o tráfico é pouco. A xente, entre que é Xoves Santo e que quenta de carallo, ou emigrou ó campo e ás praias ou quedou na casa. Tres xoves hai no ano que resplandecen máis có sol: Xoves Santo, Corpus Christi e o Día da Ascensión. Hoxe hai que recoñecer que resplandece. Sei de Xoves Santos nos que choveu e fixo frío. Ós refráns pásalles coma ó home do tempo, que acertan cando acertan.
Agora, a verdade, é xa que xa non se podería dicir "home do tempo", porque presentando o tempo tamén xa hai mulleres a esgalla. E por que non? Pero si, a día de hoxe aínda hai moito discriminación. Resulta que "unha muller" e "un home negro" viaxarán á Lúa por primeira vez na historia. Aí está, coma se non tiveran dereito. O titular dos periódicos amósao ben ás claras: especifica muller e especifica home negro. Coma se fora un acontecemento e unha boa acción o concretar, o precisar desa maneira.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES