Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cambiarás de muiñeiro...

martes, 11 de abril de 2023
O trato que recibimos das grandes compañías pode que non encaixe na definición de piratería, á que poderían dar leccións. Esaxero se comparo a estas entidades con piratas pero se Naturgy me cobrou mensualmente dous recibos por mantemento de gas e electricidade, cando deixei de ser cliente hai un par de anos, algo de pirateo observo, ademais – iso si - de deixación pola miña parte por non preguntar antes por cargos periódicos sen explicación algunha, que por ser pequenos pasaban desapercibidos. Pois resulta que alegan que poido seguir tendo o mantemento cunha compañía aínda que a deixase por outra.

Funme de Naturgy a Iberdrola e o trato ven sendo correcto na electricidade, pero non sei se chorar ou berrar polo que me fixeron no gas. Foi por maio do ano pasado que Iberdrola me multiplicou por catro o prezo, e en vez de decirmo claramente aumentou a cuota mensual un cen por cento, calculando a ollo o consumo sen revisar o contador, sorprendéndome agora cunha factura que expresada en pesetas supera o importe dun coche que comprei xa sendo maior.

Acudo á empresa e cámbianme a tarifa, indicándome que seguro me comunicaron os novos prezos por correo electrónico, que tivo que ser dun xeito para o que nin os anos nin a experiencia me teñen preparado.

Non será un roubo – dous, neste caso –, pero tampouco conducta normal, de igualdade, senón pillería abusiva. Iso si: desde agora analizarei con ollo miope cada comunicación e factura que reciba. E cada ano revisarei condicións, ofertas, e non serei amigo de ninguén, que na piratería non hai amigos. O sabio refraneiro teno moi claro: Cambiarás de muiñeiro.. pero non de ladrón.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES