Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 12 de abril de 2023
Escribindo, que algo queda

Escribindo, que algo queda. Escribo sobre a impresión que me causou a nova de saber sobre a acusación de pederastia de José Luis Martín Vigil e da forma en que a igrexa o protexeu. Quen era José Luis Martín Vigil? Pois un cura superventas que me emocionara co seu libro La vida sale al encuentro, sobre as relacións da adolescencia. Certo, cando o lin, eu tamén era un adolescente. A día de hoxe xa non me estraña tanto o das acusacións, vendo como saen case a diario noticias sobre unha morea de Pingas de Orballocuras que eran moi amigos dos tocamentos e de máis alá de tocamentos.
Escribindo, que algo queda. Escribo sobre a noticia que La Región publicou o martes, 21 de marzo, na que informaba que a Organización Mundial da Saúde calculou 43.000 mortos pola seca en Somalia durante o ano 2022. Moitas mortes; coma todo aforo dalgún campo de fútbol. E nós, moitos de nós desperdiciando auga a mares.
Escribindo, que algo queda. Escribo que de tanto ler e de tanto ver o estado da estrada N-540, a que sae de Cambeo con destino a Lugo, é fácil chegar á conclusión de que sempre foi, de que aínda é, e intúo que será por un bo tempo a ovella negra das estradas españolas. Non creo que haxa por aí outra que estea tan horriblemente mal. Non insinúo nada sobre unha autovía. Ata me conformaría cos típicos remendos cos que nos intentan contentar sempre.
Escribindo, que algo queda. Xa non escribo máis para que non se saiba todo. De cando en vez é bo deixar algo en suspense.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES