Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Presentación estudo lápidas Os Vilares

lunes, 10 de abril de 2023
Presentación estudo lápidas Os Vilares
Viviron en galego, lembrémolos en galego, é o título do estudo sobre as lápidas en galego realizado por Raúl Río e promovido polo Proxecto NEO.

Os Vilares conta no seu camposanto con um grande número de lápidas mortuorias en idioma galego, o que motivou a realización deste Traballo que será presentado o domingo 16 de abril ás 18:00 na Casa Escola Habaneira da Conchada nos Vilares (Guitiriz).

No acto, onde se proxectará tamén um audiovisual, intervirán o autor, Raúl Río, o representante do Proxecto NEO, Bernardo Penabade, o presidente da Asociación Cultural Xermolos Alfonso Blanco e o párroco dos Vilares, Alexandro Piñón Espasandín.

Haberá tamén intervencións de familiares de finados con lápidas en idioma galego.

Ao remate, teremos unha visita guiada por Raúl Río ao cimeterio dos Vilares.
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES