Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A lóxica precede á matemática (e 2)

viernes, 14 de abril de 2023
Continúo ofrecéndolles un breve e superficial comentario do libro SER Y VERDAD. "El pensamiento lógico y su conexión con el mundo de los valores", de D. José María Méndez, que en 1988 fundou a "Asociación Estudios de Axiología". Aborda os errores lóxicos sobre a EUTANASIA.

Consideren a seguinte cita no libro do autor: "Non hai ciencia ética sobre casos concretos. Cada persoa é única na Historia Universal. En consecuencia, para cada valor ou regra xeral cabe encontrar o caso concreto que a contradí". Expresa isto doutra maneira: "En ética non cabe aplicar a indución". Polo tanto, non é correcto deducir dalgúns casos todos os casos. A indución só funciona ben nas ciencias que se ocupan do mundo da natureza causal.

Supoñamos que un enfermo terminal pide por compaixón aos seus familiares que lle axuden a morrer, e eles accedan para evitarlle o sufrimento, disto non pode deducirse que É LÍCITO MATAR EN TALES OU CALES CIRCUNSTANCIAS. O "suposto legal" vai contra a lóxica: "Ningunha lei pode establecer A PRIORI ou ANTE FACTUM QUE SE PODE MATAR, como se fixo na lei do aborto". Sempre hai casos concretos para todos os gustos, e a lei xeral é NON MATARÁS. As excepcións veñen por outros camiños: "É tarefa A POSTERIORI, do xuíz, non do LEXISLADOR".

Polo que respecta ao TEMPO, dálle dous sentidos: O "tempo lato sensu" e o "tempo stricto sensu". En canto ao primeiro, entende "haber nacido", que significa vivir o instante presente, xa que o pasado non existe e o futuro aínda non chegou; é o mesmo que a existencia sucesiva. En canto ao segundo, "haber nacido e morrer", o que experimentamos todos na nosa vida. A interrupción do tempo é a morte, por iso el é continuo. Engade o autor do libro que convén reservar o termo TEMPORAL para o "tempo lato sensu", porque indica xusto a instancia sucesiva dos instantes presentes, propia do ente que naceu, prescindindo de se morrerá ou non. Neste caso a súa negación sería o concepto de ETERNO. Tamén manexa o termo EVITERNO. Isto talvez facilita a formalización lóxica, utilizando CONTINXENTE para o “tempo stricto sensu”, mediante as parellas "eterno-temporal" e "eviterno-continxente".

Sostén que o AZAR non existe na natureza. Esta palabra e as de igual significado non denotan ningunha entidade que teña actualidade ou existencia real na natureza. Só designan o baleiro do noso coñecemento, limitación da ciencia humana. De todos é sabido, e así o di D. José María, que sobre o azar e a indeterminación xurdiron polémicas na física cuántica (principio de incerteza, de Heisenberg) e a evolución darwiniana. Nesta materia, o mesmo Einstein considerou o azar inexistente. Aquí achégolles unha cita do libro comentado, páxina 152, que resume a postura do autor, que di: "Con todo, o máis importante para nosoutros é darse conta que o azar é so un baleiro de coñecemento, e que a partir dese baleiro non cabe sacar conclusións". Claro, a partir da nada pode extraerse calquera conclusión e a súa contraria.

Tamén é tema a INTELIXENCIA ARTIFICIAL (IA)e cualifica de visionarios os que abrigan a esperanza de que o "homo sapiens" chegue a verse superado polo "homo cyberneticus". Di que esta intelixencia será todo o potente que se queira, pero non deixará de ser un HARDWARE e un SOFTWARE. E ofrece as súas razóns. Non morre, porque nunca viviu. Permite despezarse e por isto esta máquina nunca será un ser vivo. Si... o robot pode aparentar que ten vida; pero nada máis, porque o home no pode crear vida a partir da materia inerte.

Non sabemos que é vida, pero tampouco que é a materia inerte. Só sabemos que a materia inerte está suxeita ao desgaste "entrópico", mentres que a xeración e o crecemento do ser vivo van contra a entropía. Conclusión: Se a IA non pode crear un ser vivo, menos unha persoa, que posúe os operadores lóxicos, que leva consigo dúas capacidades simultáneas: pensar a construír unha linguaxe e afirmar e negar, decidindo entre a verdade e a mentira, en liberdade positiva.

Explica o mesmo autor como considera que a "Trindade axiolóxica", considerando que consiste nos tres valores supremos: O Ser, a Verdade e a Beleza, aos que designa en latín como IPSUM ESSE, IPSA VERITAS ET IPSUM PULCHRUM, e aborda en, sucesiva titulación, a CREACIÓN, partindo da que denomina CONSISTENCIACOSMOS (sic), o correlato lóxico de canto existe no noso mundo, que ven a ser a conxunción das consistencias parciais de todas as cousas, asignando a esencia da beleza do cosmos ao IPSUM PULCHRUM, e a súa existencia ao IPSUM ESSE.

Con terminoloxía recente dinos que o "hardware", cando apareceu vida na nosa Terra xa estaban presentes e dispoñibles todos os ingredientes físico-químicos, e o "software" foi o programa informático incluído na "consistenciaCOSMOS" no momento do Big Bang, e fai 3.500 millóns de anos que no noso planeta Terra se deron as dez, elevado a corenta mil, circunstancias favorables esixidas para que da materia inerte xurdira a chispa da vida. Polo tanto, non se trata dun milagre fora das leis da natureza. E escribe que "a materia e a vida só se perfeccionan na súa organización interna grazas a que existe o absoluto duns previos operadores lóxicos que non evolucionan. Son agora os mesmos que estaban presentes na inmensa fórmula lóxica consistenciaCOSMOS no momento do Big Bang", páx.203.

O libro termina cos tres triángulos básicos na lóxica: Triángulo modal, que relaciona os tres modos do ser, que nos sitúan antes da creación do mundo, que despois do Big Bang reaparece nos "cuantores" para individuos, anteriores a matemática (Triángulo "cuantorial"), e, finalmente, a mesma disposición triangular da entrada aos tres conceptos básicos sobre os valores éticos (Triángulo deóntico).

Por suposto, o que acabo de ofrecerlles nestes dous artigos, é unha mera información, cunha superficialidade que non permite situarse correctamente no esencial do pensamento de D. José María. Para isto sería indispensable manexar as súas publicacións, incluso para a comprensión deste libro que comento. Creo, modestamente, que como motivo para adoptar tal disposición é conveniente anhelar a xustificación da introdución prioritaria do pensamento lóxico, respecto, incluso, ao matemático, establecendo as pertinentes conexións cos valores.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES