Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 07 de abril de 2023
Correndo cun sapoconcho

Boteille unha carreira a un sapoconcho. Unha carreira de 100 metros lisos. Cando cheguei á meta, a tartaruga aínda non sacara da coiraza toda a súa cabeza. Desespera a súa lentitude! Por outra banda, deume algo de pena. Vía que era bonita, vía que se esforzaba, pero, a pobre, non daba. Non daba máis de si.
Pingas de OrballoConcertei co sapoconcho en darlle unha certa vantaxe nunha segunda carreira. Mentres eu marchaba ó centro da vila de Baños de Molgas (estabamos na Pitediña) a tomar un café. Non tardei en preocuparme algo, pois tiña medo a que a vantaxe fose de máis. Unha cousa é ser bo e outra ser parvo. Non obstante, tomei o café con parsimonia e incluso me puxen de parola cos veciños sobre, precisamente, os sapoconchos; na cantidade que había nos tempos da nosa infancia, tanto en Barricobos como na Tapada dos Ferreiros. Ó nomear este lugar lembro unha vez de cando fun buscar un carro de toxos a Sudalomba e, este -o carro-, lle pasou por enriba a un sapoconcho. A súa coiraza escachou bastante e, realmente, non cheguei a saber se a tartaruga sobreviviu.
Logo da anécdota, marchei correndo para a Pitediña, non fora o demo que o paspán do sapoconcho me ganara a carreira. Cando cheguei, o pobre, aínda non levaría percorridos uns 69 metros. Púxenme de crequenas e marchei con el os 40 restantes, ó mesmo tempo que tamén a el lle contaba a anécdota da roda do carro co seu homólogo. Cheguei á meta con el, pero no último metro, lancei a perna para cruzar eu primeiro. Bo son, pero parvo non quero ser.

O tempo despois

Acabo de ler un libro ("Pájaro de aire y fuego", de Pilar Rahola) no que as torturas franquistas dos anos 50 estaban tan á orde do día que as había a todas as horas en practicamente todos os cuarteis da garda civil. Acabo de ler un artigo nun periódico nacional sobre o descubrimento da fosa común Pico Reja (Sevilla), a maior de España, na que asoman máis de 10.000 restos pertencentes a 1.786 persoas, sendo a máis nova un neno de 12 anos e habendo varios máis entre 16 e 17. Sen máis comentarios.
Pingas de OrballoA verdade é que nunca se necesitaron moitos comentarios para describir a maldade humana e as ansias de poder dos ganadores. Ás veces non queda outra que confesar que o peor das guerras é o tempo despois, o tempo que segue. Na Guerra Civil española sempre se falou dun millón de mortos, pero o que aconteceu despois... o que aconteceu despois, doe o contalo. Os paseos, as torturas, as acusacións, os medos estaban detrás de cada porta; mesmo daqueles que non deberían temer nada. Pero sempre había algún que... por un favor non pagado, por unha xenreira, polo valor dunha palla, por calquera carallada estendía o dedo acusador e pobre veciño, pobre amigo que foi, incluso pobre familiar.
E como non había tempo nin ganas para pescudas ou investigacións, a xustiza, as accións, os desenlaces eran rápidos: paseos, cunetas, paredóns, cuarteis e... mortos os cans acabouse a rabia. Unha rabia que non había pero que había que pillar méritos e que mellor que actuando con contundencia e rapidez, moi rapidamente.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES