Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 04 de abril de 2023
O elemento icónico que faltaba

Xusto cando remataba de tomar o café recibín unha chamada para que marchase inmediatamente para alá, que o asunto era grave. O para alá era Baños de Molgas e chamábanme para o asunto porque, hai tempo xa, son o mellor detective privado da contorna... porque son o único.
Pingas de Orballo Como por teléfono non me dixeron de que ía tal asunto, recoñezo que matei un pouco a cabeza buscando as máximas gravidades. Ó chegar leváronme por toda a vila para que intentase descubrir que elemento icónico faltaba dela. En diversos esquemas virtuais sempre lles aparecía un oco e non conseguían saber quen o debería cubrir. Alí estaban todas as iconas molguesas: a ponte nova, a ponte vella, a burga, o parque Ansuíña, o parque das Mestras, a aira do Pombal, a aira de Arriba, a igrexa coa súa alta torre, o parque do Pote e a estación do ferrocarril. O oco asomaba sempre no mesmo punto, entre a burga e a ponte vella.
Sei que mirei de mala maneira a todos os que me acompañaban, mesmo lles deixei caer algún que outro insulto amigable, pero insulto, desde parvos ata paspáns e desde inocentes ata ineptos. Estaba á vista de todos e non o vían. Nin o vían no esquema nin cando os levei fisicamente ó lugar.
Esperei un bo cacho a ver se caían da burra, e nada. Tiven que dicirlles: e agora onde me sento para latricar un pouco con vós. Botaron as mans á cabeza cando viron que desaparecera o mazadoiro da burga. Como bo detective que era, non tardei en atopalo no portelo do Agriño do Secundino.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES