Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O meu Bernardo

miércoles, 12 de abril de 2023
Hoxe 31 de marzo vexo no Facebook de Martín Seco que se inaugura en Ferrol Vello unha praza adicada a Bernardo García Cendán. O meu profesor que enchía as aulas e corredores de Humanidades coa súa empatía e bo facer. Van alá dez anos dende que nos deixou e sigo sentíndoo preto de min, como unha referencia que trata de abrir camiños cara un futuro colectivo que non pode deixar a ninguén atrás.

Bernardo sempre foi un verdadeiro humanista, un home de escoita activa, atento a unha realidade que loitou por mellorar. Un home de acción no sosego que teimou pola vulnerabilidade, por acomodar vidas e facer un Ferrol Vello máis acolledor. Por todo isto, dez anos despois, unha praza leva o seu nome e isto fainos sentir orgullosas a todas aquelas persoas que tivemos a honra de coñecelo como profesor pero sobre todo como persoa.

O meu Bernardo era este, o que falaba con todo o mundo, o que lle importaba cada persoa e tiña a palabra exacta que a facía sentir única, pero sobre todo, o meu Bernardo é o que cunha verba cambiábache a maneira de ver o mundo e introducíate nun cosmos solidario do que xa non querías saír.

Unha década despois o seu recordo segue vivo na mesma intensidade. Nesa intensidade que tratamos (cada un como pode) de seguir o seu exemplo, o que nos leva a pensar en moitas ocasións no que nos diría el ante un determinado reto. Non é a primeira vez nin ha ser a última, que ante unha encrucillada me pregunte: que faría o meu Bernardo?

Por iso sempre no recordo Bernardo García Cendán.


Biografía de Bernardo García Cendan en Galegos.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES