Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Faremos o posible

jueves, 06 de abril de 2023
Que vivimos tempos difíciles, ninguén o pon en dúbida.
Certo que nunca foron fáciles; pero hoxe en día non o son menos.
Estar ó día significa vivir a un ritmo moi acelerado; tan acelerado que empregamos moito tempo fóra da casa e vémonos obrigados a renunciar ós coidados e ó ó disfrute da familia en moitas ocasións.

NON IMOS TAN BEN COMO PARECE. NON SE TRATA SOAMENTE QUE VAIA BEN A ECONOMÍA. A VIDA É MOITO MÁIS.

Hoxe en día:
- AS CRIATURAS disfrutan pouco dos proxenitores, vense sobrecargadas con actividades extraescolares e non lles queda tempo para xogar.
O xogo é unha necesidade para unha criatura; ten que liberar enerxía.
Nas ciudades: os parques non sempre son lugares seguros, as rúas moito menos e as criaturas vense obrigadas a xogar el liña; pero non é o mesmo.
As criaturas precisan exercicio aeróbico en compañía doutros nenos.

- A ANCIANIDADE tamén precisa coidados, dado que, por lei natural, os achaques van facendo acto de presenza e as posibilidades van a menos.

Non ten suficiente (aínda que imprescindible) cunha pensión; necesita disfrutar da compañía e coidados dos seres máis queridos, no seu entorno de toda a vida rodeada da súa familia, amistades e vecindario.

Non está a ancianidade en idade de acomodarse a outros estilos de vida nin con persoas alleas.

- A POBOACIÓN EN IDADE LABORAL vese obrigada a permanecer fóra da casa a practica totalidade do día para gañar un salario que permita satisfacer as necesidades da familia.

RESUMINDO: Vivimos tempos difíciles; pero haberá que sacar tempo de onde sexa porque:

UNHA SOCIEDADE QUE NON TEN TEMPO PARA ATENDER Á INFANCIA E Á ANCIANIDADE, NON PODE CONSIDERARSE MADURA POR MOITA TECNOLOXÍA QUE MANEXE.

Pase o que pase: temos que facer todo o posible para disfrutar da vida, porque a vida de cada persoa é única e irrepetible.

Soamente temos:
- UNHA INFANCIA, UNHA XUVENTUDE.
- UNHA IDADE ADULTA, UNHA ANCIANIDADE.
Eso, no mellor dos casos.

Hoxe en día fanse manifestacións para mil cousas todas relacionadas co benestar económico.
Pero...
¿CANTAS MANIFESACIÓNS SE FAN PARA QUE AS CRIATURAS TEÑAN UNHA INFANCIA FELIZ?
- Unha infancia na que poidan xogar ó aire libre con seguridade e liberdade.
- Unha infancia na que poida disfrutar da familia, dos amigos, dos veciños.
- Unha infancia que sirva de entreno para a vida...

¿CANTAS MANIFESTACIÓNS SE FAN PARA QUE A ANCIANIDADE POIDA LEVAR UNHA VIDA ACTIVA EN COMPAÑÍA DOS SEUS?
As persoas en idade senil merecen un envellecemento activo á medida das súas posibilidades:
-Unha ancianidade que lles permita facer actividade física, con persoas da súa idade para conservar a mobilidade e a vida social.
-Unha ancianidade que lle permita facer actividade mental para evitar ou retrasar o deterioro cognitivo.
-Unha ancianidade con vida espiritual para prepararse para descansar na paz cando chegue o momento.

NENOS, XOVES, ADULTOS E ANCIÁNS SOMOS TODOS PERSOAS COA MESMA DIGNIDADE E PRECISAMOS UNHA SOCIEDADE QUE RECOÑEZA E LOITE POLOS DEREITOS DAS PERSOAS DESDE O SEU NACEMENTO ATA O SEU PASAMENTO.
Precisamos unha sociedade madura.

"SOCIEDADE MADURA"
Este será o título o seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES