Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Recuncho Hebdomadario

lunes, 03 de abril de 2023
Longa travesía polo deserto?

Esperabamos con ansia a nova etapa da selección española de fútbol para saber como lle poderá ir baixo a batuta do novo seleccionador Luis de la Fuente. En principio e, falando claro, mal. Máis que mal, horrible. E non tan só pola derrota contra Escocia, senón polo xogo que realizou contra Noruega e por moito que lle ganara 3-0. Tampouco Recuncho Hebdomadariose pode dicir moito en contra do seleccionador, pois, a verdade, non tivo moito tempo para preparar os partidos, ou mellor dito aínda, para preparar ós xogadores. Por certo, os xogadores son os que son e temos os que temos. Non hai moito de onde rascar. Si, cada afeccionado é un adestrador, pero o que hai pódese dicir que están aí. Dáme que a nosa travesía polo deserto vai ser moi longa.
Tamén é certo, que De la Fuente pecou un pouco de vaidade, de presunción no segundo partido. Facer oito cambios nun equipo que, aínda que non xogara ben, ganou folgadamente, foi un atrevemento que lle saíu, por suposto, pola culata. Paréceme ben que faga rotacións, pero, penso, partindo dunha base. Nun equipo de fútbol ou nunha selección deberíase ter unha base de polo menos seis ou sete xogadores e, a partir de aí, rota como queiras. Pero oito dunha tacada... así lle pasou o que lle pasou. Porque, a maiores de rotar, repito, non hai moito máis de onde coller. Agora mesmo, para un servidor que, faltaría máis, como afeccionado son seleccionador, creo que non temos equipo para competir en grandes torneos. Oxalá erre -así demostraría que non vallo nin para seleccionador-, e que no mes de xuño compitamos ben e ganemos a Liga das Nacións.
Outro por certo, e sigo dálle que dálle co tema de Nacho. O outro día, un deses que entenden, no periódico deportivo por excelencia de España, chegou a dicir algo así como que se cometera un pecado deixando a ese rapaz nun ostracismo absoluto e vendo a actuación que tivera contra Noruega. Eu tamén sigo zumba e dálle con que tivo moitos adestradores e bastantes seleccionadores e sempre estivo de suplente. As veces que xogou de titular era por lesións dos seus compañeiros. Sei que cando xoga, cumpre; si, pero tamén cumpren Kevin Vázquez no Celta, Lucas Vázquez no Real Madrid e Sergio Roberto no Barcelona, mais, xa vedes, estes tamén están case sempre de suplentes.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES