Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 30 de marzo de 2023
Dous cabalos de batalla

Sigo querendo chamar a atención... boteille unha carreira ó tren. Non a un tren calquera; ó AVE. Aí está, de arroutado, un servidor. Antes prepareime a fondo. O de antes quero dicir media hora antes tan só. Realicei uns quecementos suaves. Non quería que no medio do percorrido, da carreira me entrase un entumecemento, un agarrotamento, unhas cambras.
Pingas de Orballo Ó pouco de saír da estación xa lle comera eu unhas ducias de metros. Non é por gabarme, pero ó AVE cústalle máis saír que me custa a min. Eu teño un reprís maxestoso. Saín coma unha frecha, mellor aínda, coma unha chispa. Certo que no primeiro quilómetro o AVE xa me pillou, xa se puxo á miña altura. Así se puxo, nada máis, non lle dei opción a que me pasase a dianteira. Rinchei os dentes e seguín pegadiño a el; coma dous cabalos de batalla: el, o cabalo de ferro, e eu... eu o cabalo de batalla de Juan Pardo.
Debido a que o AVE tiña que parar na estación que lle correspondía (coa velocidade que eu levaba nin conseguín ler o nome de tal estación), aproveitei e, por esta vez, quiteille medio quilómetro ou algo máis. A miña velocidade semella que, en vez de diminuír, ía a máis. Era coma un lóstrego correndo, coma un foguete. Era coma cen Usaín Bolt pola meseta castelá.
Os pasaxeiros, cando se decataron do que estaba a suceder, afoutábanme e alentábanme a través das ventás e sorrían cos ollos moi abertos -a causa do asombro- pola miña acción, pola miña heroicidade. Porque botarlle unha carreira ó AVE non é peixe podre ou cagallón que se encamba.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES