Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Silencio de Blanca Portillo

miércoles, 05 de abril de 2023
Fun ver a obra Silencio, onde un académico da lingua diserta sobre este ben pouco prezado. Blanca Portillo enche un escenario durante dúas horas xogando con moi poucos conceptos, un deles (o principal) é o silencio. Xunto con el aparecen outros como a madurez creativa, en certa medida a soberbia intelectual, acompañada tamén da boa argumentación e, por suposto, todo o que supón moverse e ser recoñecido polas altas esferas.

En Silencio, unha Portillo espléndida vainos descubrindo os distintos corpos que adquire este elemento invisible na vida institucional. Lembro unha entrevista de La Trinca a Fraga, nela o político recoñecía que falaba mellor quen falaba pouco porque se concedía máis tempo para pensar o que ía dicir. Daquela o Silencio é o mellor aliado da comunicación, por iso tería todo o sentido que un académico ou académica nos falara sobre el, aínda cando para louvalo sexa necesario rachalo.

A obra fíxome pensar en como aproveitar o meu silencio tanto cara dentro como cara fóra. Penso que cada silencio é unha oportunidade para medir axeitadamente a verba que introducimos nun determinado contexto. Isto introdúcenos na arte da prudencia de Gracián e quizais nos axude, tamén, a reducir aquelas cabezas que Machado dicía que escornaban sendo maioría.

Diría que hai que educar para o silencio que reflexiona, que constrúe o mundo, que nos axuda a ser mellores e que constitúe o principal inimigo do silencio que nos quere impoñer determinado poder e que ataca de fronte á liberdade de expresión.

Silencio si, voluntariamente elixido para ser libre e crear unha realidade mellor. O que non é voluntario é censura.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES