Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Caca, culo, pedo, pis...

martes, 28 de marzo de 2023
Tempos aqueles nos que os nenos tiñan como maior atrevemento expresivo catro palabras de desafío e reafirmación - "Caca, culo, pedo, pis" – e ao dicilas, relocíanlles os ollos de satisfacción.

Los Punkitos cantárona en "Las aventuras de Enrique y Ana", convertida en"canción bandarra" que "enfadaba a pais e profesores" e, por se acaso, na versión hispanoamericana cantábase "Tata, cucu, queque, quiqui". Que inocentes eramos nenos e maiores!. Entón era impensable por exemplo que nun lugar como a Avda. Breogán se anunciase nunha gran pancarta "Que ofertón carallo", que ao non levar coma a saber o que quere dicir.

A culminación de expresión orgánica libérrima acadouna unha premiada nos recentes Mestre Mateo transmitidos en directo por TVG, en hora de máxima audiencia.

A entusiasta galardoada, incendiada de feminismo escatolóxico fixo reconto, un por un, dos nomes do exterior dos órganos sexuais femininos, tanto técnicos como populares, vulgares ou mesmo os que non teñen lugar no considerado ben falar.

Non é que a un a estas alturas lle faga mal escoitar as dúas ducias de nomes da vaxina. O que molesta é que nun acto no que se premia ao cine, se faga abuso da zafiedade sen sentido, con desprecio de auditorio e audiencia, nun exercizo de insolencia sen sentido nin sensibilidade.

Diante deste alarde verbal de rapaza á que se supón culta, a través dun medio de masas, despedíndose loubando "a cona que me paríu, que está na sala", volvo a vista atrás e lamento que se evoluise tanto desde o tempo no que aos nenos lles brillaban os ollos cómplices e sorrían polo baixo diante da desmadrada expresión de "Caca, culo, pedo, pis".
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES