Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Moito máis

jueves, 30 de marzo de 2023
No artigo anterior empecei a escribir algo sobre os recordos da historia recente da vida no medio rural galego dos últimos tempos.

Quixera continuar con algúns recordos máis. Son reais como a vida mesma.
Esto demostra a capacidade do ser humano para adaptarse ó medio e ós tempos que lle toca vivir.

PASAMOS:
- DE CALZARNOS CON ZOCAS FEITAS POR UN ZOQUEIRO A CALZARNOS CON DEPORTIVOS FEITOS EN CALQUERA PARTE DO MUNDO.
Os camiños estaban cheos de lama.
Eran corredoiras fondas nas que se enterraban persoas, animais e carros ata o eixo porque chovía moito máis que agora.
As zocas defendía da auga e do frío a homes, a mulleres, e a criaturas.
Tamén había quen usaba zocos, principalmente os homes, que eran como botas de coiro con fondo de madeira
No inverno incluso se lle metían unhas pallas para que foran máis abrigosos.
E para que duraran máis ferrábanse cunha goma suxeita cun tipo de "tachuelas, chamadas "brochas".
Os zapatos eran para ir á misa, á cidade ou ás festas.

-DE TRATAR DE VOSTEDE ÓS PAIS, ÓS MESTRES, ÓS MÉDICOS, ÓS CREGOS... A TUTEALOS.
Tratábase de vostede ós pais, ós avós, ós sogros, a tódalas persoas maiores e ás autoridades, por suposto.

Os escolares saudaban ós mestres dicindo: "¡Buenos días, buenas tardes tenga usted!
E cando se despedían dicíanlle: "Usted siga bien"
E cando che preguntaban como te chamabas, respondías: "Fulanito de tal, para servir a Dios y a usted".
TÍÑASELLES RESPECTO ÓS MAIORES E ÁS AUTORIDADES.
Hoxe en día, aínda quedan persoas moi corteses; pero moitas pensan que todos somos iguais.
Claro que todos somos iguais en dignidade; pero dun pai a un fillo hai moita diferencia, dun alumno a un mestre, tamén e dun ancián a un neno, tamén.
Nos meus tempos dicíase que: "o cortés non quita o valente", A CORTESÍA NON ESTÁ REÑIDA CON NADA NIN CON NADIE.
Os daquela época non estamos traumatizados; esperemos que os de agora, tampouco.
Os tempos cambian; pero as normas de boa educación non deben abandoarse.

-DE TER DÚAS OU TRES MUDAS, A TER O ARMARIO CHEO.
E canto máis temos, máis queremos ter.
Hoxe en día precísanse máis mudas debido ó tipo de vida que levamos.

-DE DORMIR EN XERGÓNS DE PLUMA DE MILLO A DORMIR EN COLCHÓNS DE LÁTEX.
Cando se esfollaba o millo, que era tódolos anos, escollíanse as plumas máis tenras para encher os xergóns, nos que se durmía despois de espelilos á hora de facer a cama para que estiveran mullidos.
Eran quentiños e naturais pero non tan cómodos como os de látex.

-DE IR BUSCAR AUGA Á FONTE NA SELLA OU CON CALDEIROS A TELA NA BILLA.
Unha sella habíaa en tódalas casas que estaba situada no vertedeiro con auga para beber e cociñar.
Ían por auga á fonte as mulleres e colocaban a sella na cabeza encima dun molido.
Era admirable como conservaban o equilibrio.
E aínda podían traer algo máis en cada man.
Cada vez que alguén quería beber, facíao na ferrada que estaba colgada na asa da sella.
Bebían tódolos membros da familia pola mesma ferrada e non se contaxiaban.

¡Quen llelo diría ós nenos de hoxe en día!
Hoxe en día, uns máis e otros menos; pero todos abusamos algo á hora de consumir un ben tan importante e tan escaso como é o liquido elemento.
¿Faríamos igual se tiveramos que ir á fone coa sella na cabeza?

E así pasa con multitude de cousiñas que foron pasando á historia porque van aparecendo adiantos cada día.
Pero non está de máis recordar que a evolución vaise producindo pasiño a pasiño.
Modernizarse é unha necesidade; pero sen esquece-la nosa historia.

NECESITAMOS SABER QUEN SOMOS, DE ONDE VIMOS E A ONDE IMOS.
¡Non se nos vaian a subir os fumes!

Convén conservar os saberes dos nosos ascendentes e ir mellorando non só economicamente, senón tamén a nivel humano.
Como queremos mellorar: faremos o posible.

"FAREMOS O POSIBLE"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES