Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 28 de marzo de 2023
Un soño bonito

El preguntoulle a ela polo baixiño: sabes unha cousa? Dime, díxolle ela. El buscou as palabras con lentitude e algo de parsimonia: que teño ganas de soñarte. Ela sorriu e contestoulle cun "dálle". El aínda seguiu algo máis: hai moito que non te soño na ducha. Sóñame onde queiras, rematou ela.
E el soñouna na ducha; coa auga baixando coma regatos polo seu lombo e deixando ver varios arcos da vella a causa do reflexo coa luz do baño. El sempre soña Pingas de Orballo bonito. Ela sabe que el a soña bonito. El sorrí soñando, e ela sorrí sabendo que el a está soñando. Cando alguén quere, a vida é bonita. Cando alguén quere, a vida engloba, abranga, abarca, inclúe todo
El soña que enxaboa o corpo dela. Ela acalórase ante un futuro pensamento del de intuír o que hai máis alá dun bafo cheo de calor. El, efectivamente, mira para o espello e o bafo, o alento do devezo deixa adiviñar unha pel mollada e enxaboada. El contempla a paixón dun xogo. Ela suspira ante un tempo que semella detido, pero que en cada segundo estoura un latexo del.
El soña que seca o corpo dela, é dicir, o desexo do que puido ser. Ou do que foi. Non sempre os anhelos son ilusións prohibidas. Vale máis unha pequena ansia que todo un universo de realidades. A ansia del é unha quimera dela, unha utopía dela. Pero está aí... a ansia, o desexo, o soño del.
El dille agora que xa soñou con ela. Ela volve sorrir e afírmalle de que seguro que foi un soño bonito. Foi un soño bonito, dixo el. Seino, rematou ela. El díxolle adeus a ela. E ela mandoulle bicos a el.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES