Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os pseudónimos de Ramón Otero Pedrayo

lunes, 27 de marzo de 2023
"Di paseos (por Orense) con Risco, con Otero Pedrayo, que ya escribe (bajo seudónimo) en 'El Pueblo Gallego', dirigido por el soto barbudo Castroviejo. A Florentino (Cuevillas) fui a verlo a su casa, porque está físicamente baldado" (1).
Este breve textoforma parte da extensa carta, que desde Lisboa lle escribiu Eugenio Montes ao seu amigo Felipe Fernández Armesto (Augusto Assía).
Otero Pedrayo asinaba cos pseudónimos de Santiago Amaral, Luís Peñafronte e S. Amaral.
A Correspondencia de Eugenio Montes con Otero Pedrayo e con Filgueira Valverde, publicada en Galicia Digital (2), móstranos os esforzos feitos por Montes, para rehabilitar ao seu profesor e amigo Ramón Otero Pedrayo.

Correspondencia con Otero Pedrayo:
Hace unos días hablé con Ibáñez Martínde su asunto. Ibáñez le quiere y le admira mucho y cree, que, tras esta conversación, su asunto está en principio arreglado. Pocas cosas se alegrarán tanto como haber contribuido a su justa reposición. Y Galicia entera se alegrará conmigo.
Hace un par de meses hablé con Ibáñez sobre su cátedra. Me dijo que estaba decidido a que V. volviese a ella. Es lógico y justo. No sé si se lo firmó. Si, por la lentitud burocrática, aún no lo hizo, puede recordármelo, pues me lo prometió. (...) Abrazos a Risco, Florentino, y a V. de su paisano, amigo y discípulo. Eugenio.


Correspondencia con Filgueira Valverde:
A los amigos comunes de Orense, los pares de su evocado Losada Diéguez, los vi hace 3 o 4 meses, y con más alegría por mi parte que nunca. Si V les escribe, dígale que me tienen completamente a sus órdenes, deseando serle útil.
De los amigos de Orense no tengo noticias directas desde hace mucho tiempo. Les he escrito, con su indicación. Creo les han formulado cargos en los expedientes y no sé si habrán resultado conclusiones desfavorables. Por de pronto Risco sigue en su dirección y Otero ha publicado deliciosos textos de Geografía. En cuanto tenga noticias más concretas, le informaré.
Una nueva carta, (...) para informarle sobre los orensanos, llenando un deseo de la suya. Sé que Vicente sigue en la Dirección, con las consideraciones que por todos conceptos se merece. Se le han formulado cargos y contestó al pliego cumplidamente (...). En cuanto a Otero los cargos son mucho más difíciles de contestar y sé que está abatido
.

Eugenio Montes solicitoulle en varias ocasións a Ibáñez Martín, (Ministro de Educación), a rehabilitación de Otero Pedrayo na Cátedra de Xeografía e Historia do Instituto de Ourense, da que foraexpulsado o día 30 de agosto de 1937. Foi reincorporado en novembro de 1948, nese intervalo de tensa espera, realizou unha extensa labor creativa, tivo a oportunidade de publicar en diferentes medios, coa cobertura dos pseudónimos e o consentimento do réxime, por fortuna o seguinte recoñecemento veu deseguido, ao conseguir por oposición a Cátedra de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago, (Orde do15 de abril de 1950). Vinte e cinco anos máis máis tarde, setembro de 1975, foille concedida a Gran Cruz da Orde Civil de Afonso X o Sabio.
Fose por premonición ou mesmo por o que lle tocou vivir, eses primeiros artigos no diario "El Correo Gallego" e no "Ideal Gallego", do día 24 de febreiro de 1938, co título "Fragilidad y Fortaleza" e o do día 10 de abril de 1938, co título "Domingo de Ramos: alegría y dolor del cristiano", no diario "El Pueblo Gallego", ven a ser relatos autobiográficos da súa historia de vida.
A través das páxinas de Galiciana, podemos comprobar, que os seus artigos apareceron con regularidade en diversas publicacións:

Pseudónimo de Santiago Amaral
1. "El Pueblo Gallego", desde o día 10 de abril de 1938 ata o día 31 de decembro de 1948, asinou dezaseis artigos.
2. "El Correo Gallego", desde o día 9 de novembro de 1941 ata o día 25 de xullo de 1947, asinou trece artigos.
3. "La Noche", desde o día 22 de febreiro de 1946 ata o 16 de abril de 1949, asinou trece artigos.
4. "Finisterre": revista de Galicia mensual ilustrada. Publicada durante os anos 1943-1946, na que o redactor xefe era Celso de Cela, pseudónimo de Camilo José Cela, publicou nos números: 2, 3, 4, 5, 8, 11, 12, 13, 15, 17, 18, 20, 24, 25 e 27.
5. "El Compostelano", publicou un artigo o día 16 de novembro de 1945.
6. "Ideal Gallego", aparece citado os días 7 e 11 de novembro de 1945.
7. "Posío" revista literaria, colabou no número catro.
8. "El Progreso", aparece citado o día 29 de xullo de 1943, o 8 de abril de 1944 e o día 2 de maio de 1946.
9. "Ciudad", semanario de Pontevedra, aparece citado en varias ocasións, desde o día 28 de xaneiro de 1946 ata o día 3 de marzo de 1947.
10. "La Región", aparece citado varias veces desde o 13 febreiro de 1947 ao 31 de marzo de 1949.
11. "Sonata Galega: una publicación de Céltiga": publicounos números de primavera (marzo de 1944), estío (Xuño de 1944), estío (xuño de 1945) e no de otoño-invierno de 1945-1946.
12. "Artes y letras", publicou desde xullo de 1943.

Pseudónimo de S. Amaral
1. "El Correo Gallego", desde o día 1 de xaneiro do ano 1944 ata o día 23 de xullo de 1947, asinou vinte e catro artigos.
2. "El Pueblo Gallego", desde o día 13 de xullo de 1938 ata o día 28 de xuño 1973, asinou trinta e dous artigos.
3. "El Ideal Gallego", desde o día 1 de xaneiro de 1944 ata o 18 de setembro de 1945, asinou cinco artigos.
4. "La Noche", desde o día 17 de decembro de 1946 ata o día 22 de xullo de 1947, asinou catro artigos.
5. "La Región", o día 20 de marzo de 1948, publicou o artigo "Desamparo de San Pedro de Rocas"
6. El progreso cítao o día 25 de outubro de 1945.
7. "Sonata Galega", publicou no número 9 en 1946.

Pseudónimo Luís Peñanofre
1. "El Correo Gallego", desde o día 24 de febreiro de 1938 ata o 25 de xullo de 1939, asina dezaoito artigos.
2. "La Noche", o día 2 de outubro de 1947, asina un artigo.
3. "Ideal Gallego", o día 24 de febreiro de 1938, publica o artigo "Fragilidad y Fortaleza".
4. "La Región", aparece citado varias veces desde o 27 de setembro de 1939 ata o 19 de decembro do mesmo ano.
5. "Radio y Cinema" revista ilustrada de la España Nacional, publicou o día 30 de novembro de 1939, no número 41.

A implicación de Eugenio Montes no proceso de rehabilitación de Otero Pedrayo, está documentada na correspondencia citada, na mesma dirección, con ampla probabilidade de acertar, podemos deducir, que foi partícipe na creación dos pseudónimos e ao mesmo tempo intermediario, para que publicara nos diferentes medios do réxime, sen levantar demasiadas sospeitas, anque a ben seguro, tanto censores como autoridades, eran coñecedores da verdadeira identidade, tanto de Santiago Amaral como de S. Amarale de Luís Peñafronte
O día 24 de febreiro de 1938, renace con todo o seu esplendor, frescura, creatividade e talento, "Luís Peñanofre", doce días despois "Santiago Amaral e aos catro meses S. Amaral, fitos inéditos e determinantes, naqueles tempos difíciles, que tanto ían influír na recuperación do noso intelectual e na aportación a cultura e a identidade galega.
Xogando cas palabras fitos e feitos, eses feitos, debémosllos en parte a Eugenio Montes, de xustiza é recoñecelo e de nobreza e gratitude agradecelo.

NOTAS:
1. Fernández, C. (2020). Augusto Assía, un periodista en Vanguardia. A Coruña. Publicaciones Arenas. p. 187.
2. Correspondencia de Eugenio Montes con Ramón Otero Pedrayo e con Filgueira Valverde.
3. galiciana.gal https://biblioteca.galiciana.gal
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES