Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Hoxe, tamén Día da Muller

martes, 21 de marzo de 2023
Hoxe, 21 de marzo, tamén é o Día que primeiro foi "Día da muller traballadora" e logo evoluiu a "Día da muller". "Muller traballadora" é unha redundancia porque, traballadora por natureza, moitas veces o fai por partida doble – na profesión e na casa – co que ten que esforzarse doblemente en tanto chega a igualdade no fogar.

Sabendo que a igualdade é carreira de fondo, moito se ten andado nesta consideración no tempo do que temos memoria, pero moito queda por camiñar, se ben as portas están abertas e, malia os atrancos, o único camiño posible é o que estamos a percorrer.

Porque o camiño certo é o da normalidade progresiva, o da igualdade na casa e no traballo, nos estudos e na familia, sendo erróneas tanto as estridencias trasnoitadas por defecto como algúns aceleróns políticos, feitos para a galería ou para rachar moldes sen considerar que é mellor a evolución que a revolución para convencer e facer os avances consistentes e duradeiros.

E o espectáculo no Congreso, para tentar solucionar o desastre da nova normativa contra as agresións ás mulleres, roza o esperpento co Psoe tentando reparar o dano, os responsables á contra, e os conservadores apoiando algo no que, no fondo, todos temos que concordar.

Hoxe – e mañá, e pasado... – é tamén o Día da Muller, non porque sexan a metade do mundo senón por ser puntais da sociedade e da familia; por superar aos homes en constancia, traballo e responsabilidade. Se ser feminista é considerar á muller igual ca o home; auténtico sexo forte, exemplo de vida, quen non sexa feminista carece de "sentidiño; que en nós é a quinta esencia do “sentido común”.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES