Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Inconsciencia

lunes, 20 de marzo de 2023
Inconsciencia Luns, 20. Feira en Maceda. Hoxe, se seguise traballando alá, tocaríame ir ó Toural para cambiar as gráficas na estación meteorolóxica que alí ten a AEMET (Axencia Estatal de Meteoroloxía). Nos máis de vinte anos que fun, a verdade é que ninguén se meteu comigo por tal ou cal prognóstico ou adversidade climatolóxica.

Vén todo iso a conto porque, precisamente, outro luns, o pasado día 13, La Región publicaba unha entrevista co coordinador de Meteogalicia, Juan Taboada, na que este comentaba que a xente enfádase con eles se chove nas vodas ou comuñóns. Dito así, semella broma. Pero eu créoo perfectamente. E non por esa experiencia que comentaba no primeiro parágrafo, senón por outra experiencia que me aconteceu nos anos oitenta: que un parente me encargou lotería do Nadal da capital do Imperio, ou sexa, de Madrid e cando viu que non lle tocara, pois case me acusou de cómplice do Estado e de apestado e de gafe e demais cualificativos cariñosos. Así é que non me colle de sorpresa o comentario de Juan Taboada. Seguro que non se enfadan con el cando lles chove aqueles días nos que teñen que ir cavar ou arar e que por esa "bendita" auga non o farán. Cando algo non vai sae como marcamos, somos tan inconscientes que intentamos botarlle a culpa a quen non a ten.

Inconsciencia hai, e moita, na aprobación da primeira lei estatal en materia de dereitos e benestar dos animais no noso país. Precisamente en España, o país no que o maltrato, o sacrificio e a masacre dos touros está catalogada como festa nacional. Os touros xa sei que non teñen dereito ningún; só os de comer ben para estar potentes e ser escarnio dunha praza chea de mentes con demasiadas ansias sanguentas. O benestar... só para as mascotas. Inconsciencia Ou outros animais... as matanzas non poden ser a coitelo porque sofre o animal, os transportes de animais teñen que estar homologados polos servizos veterinarios para que non se manquen, os burros ou vacas non se deben pexar para que non se firan ou non lles queden marcas, os touros... os touros que poñan o lombo para que as banderillas penetren, furguen e trituren carne ó correr e bambearse; que poñan o lombo para que a pica penetre, furgue e atravese esa carne xa toda triturada para que toda a praza lance ó aire olés cheos de ansias sanguentas. Repito: aprobouse a lei do benestar dos animais.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES