Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pobres ricos

jueves, 16 de marzo de 2023
Os meus pais intentaron inculcarnos unha serie de valores básicos para andar pola vida. O traballo, o respecto ós demais, a Palabra, o esforzo... Para fomentar este último abríronme hai anos unha libreta de aforro na Caja Postal. A actual BBVA. A misma entidade que lle acaba de suprimir a meu pai a libreta física para ofrecerlle unha tarxeta "moito máis cómoda". Pareceume un insulto. Unha falta de respecto. É indecente ofrecerlle a un nonaxenario unha tarxeta de plástico en vez da cartilla de toda a vida.

O banco empezou a cobrarlle a meus pais comisión de mantemento mentras pagaba 10,3 millóns de euros ó ex comisario Villarejo por espionaxes e outros conceptos máis noxentos aínda. Preguntei por estos temas na sucursal e me dixeron que esos gastos estaban así estipulados. Que cambiaran as condicións. E que oxalá houbera máis Villarejos pois todo funcionaría mellor.

Estábanme confirmando que gracias ó traballo de delincuentes o banco BBVA chegara a donde chegou.

Mentras miña nai agonizaba no hospital descontábanlle, por mantemento de conta, 40 euros cada trimestre. Unha vía máis no seu brazo por donde lle substraían 160 euros ó ano. Paralelamente, o director do BBVA -Carlos Torres- se embolsaba ó ano 8,29 millóns de euros.

Seguro que na sociedade actual hai xente que ve a Villarejo e a Torres como triunfadores. Como referentes a imitar. Tal vez deberiamos darlle outro enfoque. Que clase de vida levas si necesitas tantos cartos para vivila? Que triste debe ser necesitar 8,29 millóns de euros ó ano para ser feliz. Que pobreza ter que roubar nas contas das persoas máis humildes do teu país para poder conseguilos.
Maceira, Francisco
Maceira, Francisco


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES