Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 16 de marzo de 2023
O Pousón

Luciano Restrego, O Pousón, tiña catro irmáns emigrados polas catro provincias galegas; un en cada unha delas. Fora curiosa a súa marcha: quixeron botar a sortes quen partía para cada capital ata que o máis vello optou pola solución máis sinxela: pola idade deles e pola orde alfabética das capitais de provincia. Así, Elixio, o máis vello, marchou para A Coruña. O Pingas de Orballoque lle seguía era Evaristo, para Lugo. A Eladio tocoulle Ourense e Robustiano marchou, claro, para Pontevedra. Luciano foi o que quedou na aldea. Nunha aldea na que tan só vivía el.
E vivía só porque, aínda que tiña os seus cincuenta anos, estaba solteiro. De mozo quixo facerlle as beiras a Lisarda Guamil, a filla do Alcatrán, mais tan axiña como soubo que lle chamaban A Subela, non insistiu no achegamento á moza. E iso que tiña fama de guapa. Era guapa e boa moza. Foi o alcume o que o botou para atrás. O Pousón, ás veces, era raro.
Era tan raro que durmía coas vacas, a pesar de ter unhas boas habitacións na casa. Era tan raro que só deixaba entrar na aldea ó panadeiro e ó peixeiro. Ós demais... plantábase na entrada da aldea cun sacho, cun fouciño, cunha gadaña, co que fose e dicíalles ós paisanos que a ver se tiñan güevos.
O Pousón era tan pousón que case non se movía desa entrada. Aínda que el dicía sempre que era para que non o sorprenderan. Por non deixar, nin deixaba entrar ós seus irmáns. Berráballes que marchasen para as capitais. E botábase a rir.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES