Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 15 de marzo de 2023
Amodiño

Hoxe andei amodiño. Saín da casa devagar. Non tiña présa. Case sempre ando lixeiro, moi lixeiro, pero hoxe tiña tempo para pasear con calma. Daba gusto andar amodiño ó sol. Este reinaba e reina no principio da tarde. A ver, é un sol de marzo, pero é sol. Quenta se non corre unha pouca brisa. Estes días tivemos brisas tan frías, tan frías que ben se vía que era máis neve que vento. Cunha boa cazadora e un gorro paseinos ben. Mesmo lendo por fóra, ó Pingas de Orballofrío. Cando quero aguanto coma os heroes.
Viña amodiño polo atallo escoitando o 20 de abril de Celtas Cortos. O tema, cronoloxicamente, non procedía porque hoxe é 3 de marzo. Tampouco queda tanto para o 20 de abril, a maiores de que ese tema vai e cae ben en calquera día do ano. Como andei amodiño, tiven tempo de escoitar algún tema máis antes de chegar ó café. Lembro que un deles era de Morricone e que pertence á banda sonora de Dúas mulas e unha muller. Máis tarde tamén escoitei a Labordeta, así como a Luz Casal cantando Camariñas, acompañada por Luar na Lubre. Agora mesmo acabo de escoitar a un grupo en inglés cun tema frenético. E xa empeza Rod Stewart con Baby Jane. Como se ve, moita variedade. Sempre me gustou a mestura musical. Teño medo que ó escoitar sempre o mesmo ou durante moito tempo ó mesmo autor, me chegue a cansar. Non hai como a mestura, a variedade; desde o rock ata a clásica, pasando polo folk e o tango.
Agora poño o punto final e tamén marcho amodiño porque non teño ningunha présa.

O heroe galego

Levo tres días na busca de Supergal (o Supermán galego) para que me leve ata as alturas e, desde alí, contemplar o panorama, ou sexa, a nosa terra.
Primeiro, nota aclaratoria para distinguir, en algo, ó Supermán de Krypton do Supergal terrícola: Conforme o heroe do cómic usa unha capa, o heroe galaico usa daquelas polainas Pingas de Orballoque se poñían para rozar os toxos. Segundo Supermán se impulsaba erguendo un dos seus brazos, o noso Supergal ráñase onde lle pica e despega coma un foguete. Ó Supermán sería a capa ou a súa procedencia extraterrestre a que o mantiña no aire e voando. Ó Supergal manteno flotando no aire unhas aspas de mangos de sachos que saen dos seus ombreiros, e de hélice ten tres fouciños que rotan á velocidade dun can de palleiro. Tal hélice está colocada á altura dos riles. O Supermán galáctico ten moito músculo, mentres que ó Supergal galaico lle sae algo de tripa, da que está moi orgulloso.
Non obstante, e a pesar do bandullo, sigo confiando nel. Repito: levo tres días buscándoo. Quero que desde moi arriba me ensine As Encrobas, o encoro de Castrelo de Miño e a Lagoa da Antela, a Chaira de Vide e a Chaira de Penouzos en Baños de Molgas, a lúa polo lado bo e polo escuro, a fraga do Eume e a cascada da Cidadella.
Logo diso, se quere e ten folgos, podemos ir na busca de Supermán. Faime ilusión de que se coñezan. Seguro que o noso bailará unha muiñeira sobre a capa do home de aceiro. Sigo na busca, que xa teño ganas de atopalo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES