Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Arrepío

martes, 14 de marzo de 2023
Atribúese a Miguel Boyer a frase de que "España es un país de porteras", considerando que aquelas traballadoras doutrora, coñecedoras de interioridades, potenciaban frivolidades e marmuracións. Non sei cualificar como consideran a este pais os emporios audiovisuais, privados ou públicos, cando adoitan potenciar rumores, airear amoríos ou fomentar a cultura do pelotazo e da sorte; os chamados programas do corazón teñen máis relevancia que os de ciencia ou cultura e a información truculenta vende máis ca a do cambio climático ou da fame no mundo.

Por idade, carácter e sensibilidade, quero saber do que pasa pero non preciso certos detalles, nin furgar nas feridas, e moito menos tratar de ferir ao posible feridor, como está a ocorrer no xuizo do "Crime de Muimenta", onde arredando a presunción de inocencia ata que haxa sentencia firme, non se pode consentir que partes interesadas ou atraídas polo tema insulten á presunta culpable dun feito indescriptible.

Volvo dicir e seguirei insistindo, que me parece unha aberración impropia dun país sensato que os acusados dun crime teñan que pasar polo medio de persoas que os insulten e poidan agredilos, sen tomar medidas de acceso discreto. Se nos queixamos de que os medios xulguen, cualifiquen, tomen partido en xuizos deste tipo, non pode engadirse esta condena previa innecesaria e degradante á que en xustiza proceda.

A transmisión case "en directo" de sucesos ou xuízos arrepíame, e coido que se unha acusada non pode ser considerada culpable ata que haxa unha condena firme, tampouco pode ser exposta a unha condena pública, e moito menos a unha agresión física ou moral.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES