Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Cigarro

viernes, 26 de diciembre de 2008
Ocorre que despois de cear fun para o escritorio coa intención de escribir algunha cousa. Sentado á mesa de traballo, prendín un cigarro puro que tiña unhas pencas amarelas. Di a tabaqueira de San Roque, en Lugo, que os puros que teñen pencas son os mellores. Eu non sei se é manía ou o que é, pero a verdade é que a min son os que máis me gustan.

Mentres consumía o cigarro, intentei pensar en algo que poñer na folla branca que tiña enfronte. Observei o fume do cigarro e por algúns intres pensei se sería o xenio da lámpada marabillosa. Ai se o fora!, xa lle tiña preparado o desexo: encher a odiosa páxina que esperaba. Pero o xenio non aparecía, esfumábase coa mesma velocidade que se consumía o puro. De súpeto e coma se me ocorrera algo, nun impulso inesperado, collín a pluma, pero ao pousala sobre a folla en branco non se moveu, e así con ela, quieta parada, estiven un bo anaco. Logo, sen darme conta fixen un garabato que non sei o que significaba, coma os que fan os nenos aos dous ou tres anos de idade. Asusteime, corrín cara ao espello e que alivio!, vin que eu era o mesmo de sempre. Que horror! Ter que pasar por todo outra vez. Pasou o susto. Volvín ao escritorio. Por un intre crin que tiña dous anos. O que pode facer un garabato.

Piñeiro González, Vicente
Piñeiro González, Vicente


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES