Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Eleccións municipais anuais

lunes, 13 de marzo de 2023
Eleccins municipais anuais Escríbense centos de artigos de opinión, faise outra tanta cantidade de estudos, cóspense infinidade de dixomedíxomes e planeamos formas e medidas para dinamizar o rural, sen practicamente resultados. Os políticos moito espallan ó vento ideas, pareceres, axudas e lerias podres para esas aldeas, zonas e comarcas que desaparecen, co mesmo resultado negativo desde hai xa moitos anos. E resulta que a solución é máis sinxela do que se pensa. Pero nin os propios políticos se dan conta de que a dinamización do rural está precisamente na política. Non por esas opinións que espallan ó vento, senón por unhas simples eleccións municipais. Estas son as que realmente dinamizarán as aldeas en perigo de extinción. Tiñamos a solución ante os nosos ollos e non a viamos. Tan simple coma o aumento do censo electoral.

Nos primeiros anos da democracia e no día de celebración das eleccións municipais os carrexos de habitantes ou votantes estaban á orde do día. Como as denuncias empezaron a proliferar, quizais agora xa non haxa tantas carrexonas ―que aínda as hai, aínda―, a trampa cambiouse pola opción de censar e censar e censar a unha morea de xente, non só en aldeas, senón en certas casas. O asunto parece de risa, pero non o é; dáse o caso de que, agora mesmo, casas que estaban completamente abandonadas, habitan nelas máis incluso que unha ou dúas familias.

Tanto matar a cabeza para que o rural volva a ser o que foi; e resulta que se pode conseguir moi sinxelamente cada catro anos. Aínda temos outra solución máis rápida e máis sinxela: eleccións municipais todos os anos! Será a única forma de que fervan os censos e as aldeas con tanta cantidade de xente. Como se ve, a política sempre fixo milagres.

Mentres non haxa eleccións municipais todos os anos, as aldeas desángranse. Aínda a semana pasada apareceron noticias ou enquisas ou estudos nas que se comentaba que as persoas maiores que viven soas na nosa provincia andaban xa polas 20.000. Se ata o abandono do rural se nota no fútbol. Seica desde o ano 2013, ou sexa, desde hai dez anos desapareceron, tamén da provincia de Ourense, 37 equipos. Non queda outra que pedir, rogar, solicitar e berrar: eleccións municipais anuais! Dous ou tres meses antes de votar aumentan as familias e as aldeas unha barbaridade.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES