Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O deterioro da sanidade non é unha metáfora

jueves, 09 de marzo de 2023
'Toda una metáfora del deterioro de la sanidad pública en España'. Así comentaba días pasados o meu amigo Ángel Alda en Twitter a noticia de que un falso teito do centro de saúde de Ribadeo desplomárase pola noite debido á acumulación de cagadas de pomba sobre el. Subscribo as súas verbas, e engado que por desgraza o deterioro sanitario non é unha metáfora.

No título do artigo non aparece a palabra 'público'. A razón do por que non a metín é porque diversos estudos amplían o deterioro da sanidade pública ó sinalar a súa influencia como culpable do deterioro da asistencia sanitaria privada. Culpable, sobre todo, no acceso. Canto máis deteriorada está a pública, menos facilidades ofrece a privada para ter acceso a ela, máis se convirte nun negocio.

Nin en Galicia, nin noutras moitas zonas de España, na actualidade, o falar do deterioro da sanidade non implica metáforas. É unha realidade. Mais o feito de que se viñera abaixo un dobre teito no centro de saúde ribadense é tamén unha metáfora dobre. Algo así como dicir que a sanidade non aguanta tantas cagadas da súa estrutura, a súa falta de mantemento, o pasar do seu día a día de quen debera estar coidando dela. Cagadas que se van acumulando ata que un bo día a estrutura, con toda a súa boa vontade de aguante, non pode máis e se ven abaixo. E unha vez que se ven abaixo, pode ser por calquera punto. Moitas veces, coma neste caso, será de xeito que non cause grandes danos asistenciais porque non foi nun lugar central e se lle poden poñer paliativos. Noutros, non hai tanta sorte e créase un auténtico furado asistencial.

Dixendobre. Porque en Ribadeo está previsto, como foi anunciado en medio de falta de persoal, e en medio de protestas pola situación sanitaria, un novo centro de saúde. Máis moderno, máis lonxe do centro do pobo. Polo momento, unha promesa, tamén de afastamento da sanidade do lugar central en Ribadeo. Unha nova promesa vendida con boas palabras de mellora, como sempre, á espera de que se cumpra -de novo- o refrán 'non hai mal que por ben non veña' nas dúas interpretacións. Dunha beira, a optimista, poñendo énfase en que do mal pode vir o ben (sempre hai quen pode obter tallada). Da outra, a pesimista, a chegada do mal con aparencia de ben...
Gregorio Montes, Antonio
Gregorio Montes, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES