Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 08 de marzo de 2023
Imitando a Ícaro

Lin nun periódico camboxano -leo de todo, mesmo en idiomas que non teño nin idea- que desde que asomou Adán, o primeiro home, por estas latitudes, vivimos enganados con respecto ó sol. Que seica nin é estrela nin cospe lapas ou labaradas de lume. O sol é un espello xigante no que se reflicte a luz dunha estrela de máis alá do infinito.
Pingas de Orballo Sabido isto, e como Deus me deu ás para voar (sabe das miñas ansias de tirarme desde calquera lugar; lembrade que unha vez tireime desde a torre da igrexa de Baños de Molgas, a 30 metros de altura, e caín ben, de pé, incluso flexionando os xeonllos con certa elegancia); digo que o Ser Superior deume ás para voar para que intentase imitar a Ícaro, algo que non tardei en levar a cabo desde o alto do Corno, na Chaira de Vide.
Aínda que sei que vou vivir moitos anos, tamén sei que o sol está no quinto carallo, polo que espero, confío e desexo en chegar medianamente ben. Hai que ter en conta, iso si, que non voo á velocidade de Supermán; máis ben á do vencello, que é a uns 110 quilómetros por hora. O sol creo que está a uns 150 millóns de quilómetros... malo será que non chegue alá nun futuro.
A Ícaro derretéronselle as ás. Pero porque vivía enganado, porque pensaba que era lume o sol. Máis seguro que fose a cola dun cometa a culpable do seu desastre. Ademais, as miñas ás son ignífugas, nada as vai queimar. Veña, marcho, que teño que marchar. O tempo aprema. Amigos meus, listo para despegar.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES