Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Protexer os ratos

lunes, 06 de marzo de 2023
Efecto da Covid ven ser a modificación de costumes dos urbanitas lucenses que reduciron a vida exterior recolléndose portas adentro, e se a vida de relación duraba ata as once da noite, agora ás nove a zona báquica parece un deserto.

Cambio tamén no incremento exponencial de animais de compañía e a vinculación ou dependencia deles dos humanos. E hoxe, os que percorremos as rúas notamos ser minoría fronte aos conducidos por animais que marcan territorio con defecacións que -xusto e insólito á vez- recolle o humano.

No rural, os animais andan libres, defecan ao seu gusto e os restos incorpóranse á paisaxe. E nos meus días máis libres convivo con cans e gatos veciños con total complicidade, e ata coido que os cans me ladran de xeito amistoso.

Caso á parte son as teupas, ás que deixo en paz porque me gañaron a partida e se mato algunha pódeme caer o pelo, pero preocúpanme os ratos que coidaba enemigos a bater ata enterarme que coas novas normas sobre maltrato animal poido ser condenado a prisión de 12 a 24 meses se causo a morte dun destes invertebrados, con agravante se uso veneno, explosivos ou artes de similar eficacia.

Os fabricantes de raticidas temen que os seus produtos sexan declarados ilegais, e eu teño a mandíbula desencaixada ao saber que cos invertebrados todos (tamén os ratos), só cabe que os concellos capturen, esterilicen e os volvan ao seu medio. E non sei que facer: Se, como coas teupas, esquecerme deles, ou chamar ao concello que veñan capturar os que ás veces escoito, os esterilicen e os devolvan para que teñan sexo sin consecuencias, e algún día me libre deles. Para min que esta Lei tamén é consecuencia dos efectos da Covid.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES