Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Teoría política, práctica cidadá

lunes, 06 de marzo de 2023
Teora poltica, prctica cidad Por sorte levamos xa máis tempo coa democracia que o que se botou coa ditadura de Franco. Non obstante, en democracia segue habendo cousas que non corresponden moi ben co sistema político que defende a soberanía do pobo e o dereito deste a elixir e controlar ós seus gobernantes. Segue a censura. Segue a corrupción. En moitos asuntos tamén hai ditadura. E seguen as poltronas enchéndose de incompetentes.

Porque si, con isto da democracia, o pobo, cada certo tempo, pode elixir e mesmo aceptar a certos políticos ós que puxo aí para que levaran as rendas do concello, da comunidade autónoma ou do país. Esa é a teoría política. Pero a práctica... a práctica é que o propio pobo é o que ten que arranxar tal ou cal situación que os incompetentes nin tan sequera o intentan.

Ultimamente, ó cear, coincide que vexo o programa Hora Galega e na súa sección de denuncias vexo situacións nas que os concellos aféitanse para arriba. Ten que ser o propio paisano, ese que os votou, o que denuncie, o que se manifeste, o que proteste, o que clame ó ceo para que se tomen certas medidas. Porque os apoltronados están aí, a velas vir, e, días antes doutras eleccións, facer que fan, facer que traballan. Para que nomeamos a alcaldes, deputados, congresistas, etc., se ó final ten que ser o pobo o que arranxe o que a eles non lles importa?

Ademais, de non facer gran cousa, aínda por encima, cada vez cobran máis concelleiros, máis conselleiros, máis deputados e máis ineptos baixo a epígrafe esa de "dedicación exclusiva". Concellos que están desaparecendo teñen a catro ou cinco ou máis concelleiros baixo nómina, porque seica se dedican tan só a certas áreas nas que, repito, ó final, é o propio pobo o que ten que loitar para que todo chegue o bo porto.

E o máis grave aínda: que o pobo elixe ós seus políticos para que arranxen a aldea, a vila, a cidade, a provincia, a rexión, o país e eses, como non saben ou como non queren, botan man de asesores e máis asesores para que fagan que traballan para eles. Non traballan, claro, nin uns nin outros. Entón o pobo levántase de novo, e denuncia, e protesta, e berra, e maniféstase, e volvemos a votalos. Faltaría máis!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES