Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 07 de marzo de 2023
Malas para a mente

As películas, principalmente as ianquis, adoitan ser malas para a saúde e, iso seguro, para a mente. O outro día atopábame no Monument Valley, en plena escaramuza cos indios, e pasou o que máis ou menos vemos nos filmes: que lle disparei ó xefe Lobo Ouleando e como a bala do rifle ía a cámara lenta, ó ralentí, o Pingas de Orballo carallo do indio, ó vela chegar, contorsionouse un pouco e esquivouna como lle deu a gana. Souben ó momento que a culpa era da maldita Matrix.
Claro que, segundo tal acción me foi en contra, a seguinte desenvolveuse ó meu favor: que Lobo Ouleando disparou unha frecha e, tal como en Matrix, chegou á miña altura tan en cámara lenta, tan amodiño que, non só a esquivei apartándome un chisco, senón que tiven tempo de collela coa man pola parte de atrás. O indio tamén alucinou como eu alucinara antes. Aínda que eu deille máis motivo: collín a frecha, metina entre os dentes e esnaquiceina coma se fora de cristal.
Acaecidas as dúas acción, e como non eramos parvos, nin el nin eu, berramos xuntos o mesmo: que para que seguir con tal pallasada, que así non nos matariamos nunca e nin tan sequera nos feririamos. Moneamos os dous a cabeza a un tempo e dixemos, tamén ó unísono, que, cada un, mellor para a súa casa. Lobo Ouleando subiu ó seu cabalo e marchou cabalgando a pelo para a seu campamento e eu crucei o Río Bravo, tamén en cabalo, con destino a Colorado.

O suplicio da acción

Din que ás veces a dúbida ofende. Eu digo que a dúbida é sempre o suplicio da acción. Tiña o obxectivo a escasos 50 metros e non sabía como chegar a el. A dúbida estaba a atenazarme de tal maneira que mesmo tiña medo. O obxectivo era grande, incluso para velo coma se estivera a un par de pasos, mais tiña que alcanzalo para collelo ou, polo menos, tocalo.
Pingas de Orballo Pola esquerda había tales sombras, tal escuridade que non sabía con que me podía atopar neses escasos 50 metros. Pola dereita había tal claridade que mesmo facía dano nos ollos. Tal dano que tiña que pechalos e, non vendo, non sabería por onde ir nin para onde ir.
Pasados xa uns dez minutos da miña decisión de alcanzar o obxectivo e seguindo sen me mover, tal dúbida xa se converteu no pánico á acción. Pingas de suor escapaban, esvaraban da miña fronte. Algunhas persoas notaron a miña angustia e interesáronse por min. Mirei para o obxectivo. Non sei como chegar, dixen. Miráronme con estrañeza. Non será que aínda non empezaches a andar? Ponte a andar!, case berraron.
E botei un paso detrás doutro. A acción era sinxela; todo consistía en poñerse a andar. De fronte. Sen pensar. Quedara agarrado á quimera dunha dúbida. Simplemente había que andar. Ós 25 metros xa me emocionara. O obxectivo estaba alí, case pegado xa ó contacto da miña man. O suplicio da acción estaba na miña cabeza. Volvín esta, sorrinlle ás persoas que me animaran e nun amén abracei o obxectivo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES