Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A ciencia máis importante

jueves, 02 de marzo de 2023
A CIENCIA MÁIS GRANDE NO MUNDO, NO CEO E NA TERRA É O AMOR (Teresa de Calcuta).
Dise que as ideas son as que moven o mundo.
Pero...
REALMENTE QUEN FAI AVANZAR O MUNDO É O AMOR FEITO SERVIZO.
O amor non pode permanecer quieto, ten que estar en acción constante.
O AMOR É A MÁQUINA MÁIS POTENTE DO MUNDO.
Se o amor se para, mal nos vai.
Para que o amor se transforma en servizo, témolo que poñer a andar.
Hai moitas persoas cargadas de amor que están sempre atentas para mellorar o benestar común.
Esas persoas fan un gran servizo á humanidade.
E cada un de nós tamén podemos facer algo, cada un según as nosas posibilidades.

Para que o mundo avance en sentido positivo temos que empuxar todos na mesma dirección cara adiante; por algo temos suficiente amor nos nosos corazóns para empuxar con forza.

-NON PRECISAMOS ARMAS E BOMBAS PARA LEVA-LA PAZ, NECESITAMOS AMOR E COMPAIXÓN (Teresa de Calcuta)
¡Canta faltiña nos fai o amor e a compaixón nestes tempos!
¿Qué terán no seu corazón os que promoven as guerras?
A veces costa caro asimilar que o corazón humano poida acumular tanta maldade, tanto odio, tanto afán de poder...

¡Ver morrer tanta xentiña...!

¡Ver como quedan sen casa tantas almas...!

¡Ver como quedan feridas de guerra tantas persoas...!

¡Ver tantas criaturiñas que non poden disfrutar dos seus proxenitores...!

¡Ver como medio mundo se volca en fabricar armas para destruír á outra metade...!

Hai cousas que non teñen pés nin cabeza.
Pero o certo é que son reais como a vida mesma.
E non é algo novo.
As guerras son tan antigas como a historia de humanidade.
E non paran...
Nin se lles ve trazas de parar...

-HAI UNHA COUSA MOI BONITA: COMPARTI-LA LEDICIA DE AMAR. (Teresa de Calcuta)
¡Qué bonito é amar e sentirse amado!
Grazas a Deus que aínda quedan no mundo moitas persoas capaces de amar con tódalas súas forzas.

-Son as persoas da nosa familia ás que queremos e nos queren.

-Son os nosos compañeiros de fatigas que nos axudan a facer a vida máis levadeira.

-É o profesorado que entrega a súa vida para formar ás criaturas que construirán o futuro próximo.

-É o personal sanitario que se desvive para que os doentes recuperen a saúde.

-É o personal de seguridade que nos custodia...

-É o personal que se dedica ós rescates en casos de emerxencia…

-É o personal que defende o país en caso de guerra...

-É o personal que apaga os incendios...

-Son os sacerdotes, relixioxos e misioneiros que renuncian á crear a súa propia familia para atender as necesidades espirituais e materias, en moitos casos, de tantísimas persoas.

-Son as amistades verdadeiras que están sempre ó noso carón.

E tantísimas, tantísimas persoas que comparten a ledicia de amar.

"¡TANTO QUE AGRADECER!"

Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES