Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Tarzán licántropo

jueves, 02 de marzo de 2023
Chámome Felisindo Quiroga Suevo e son fillo do Pilón e da Orísida. O Pilón, na realidade, é Gumersindo. Non sei que anos teño porque miña nai nunca me quixo dicir a idade; nin onde nacín, nin como nacín, nin o día, nin nada de nada. A miña nai é algo rara; non me bica, non me abraza, non me mira, non me fala. Agora mesmo, polo que vexo e noto, creo que estou na categoría de mozo.
O Tarzán licántropo Sendo aínda neno, un día miña nai mandoume ós guizos. Porque a miseria era tan grande que nin había con que acender o lume da lareira. Fun de mala gana, pois non sabía moi ben se traer guizos delgados ou gordos. O asunto deu igual... perdinme no monte. Non me perdín só por unhas horas, senón por semanas enteiras. Tantas semanas que cando me atoparon xa era mozo, xa era como agora. Encontráronme hai pouco máis de catro semanas.
Nesas semanas que andei perdido fíxenme amigo, moi amigo dunha loba. Desde a primeira noite xa. Souben que sería miña amiga cando vin como se lle repuña, como se enfrontaba a un xabaril que andaba a facerme as beiras. A loba non deixaba de mordelo nas patas de atrás. O xabaril non tardou en fuxir. Eu comía da carne que traía a loba. Aínda que, pouco a pouco, tamén aprendín a cazar.
Hoxe en día aínda me sinto un pouco Tarzán e escapo de cando en vez para o monte e así xogar coa loba. Agora a xente chámame O Licántropo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES