Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 01 de marzo de 2023
Un lóstrego de lucidez

Ós dous minutos de sentar nunha mesa da terraza da cafetaría, unha pomba, sen medo e sen vergonza, pousou tamén sobre o respaldo dunha cadeira que estaba na mesma mesa. O seu atrevemento fíxome sorrir e ganou un cachiño de bica que lle puxen á beira. Nese momento tiven un lóstrego de lucidez. Díxenlle que tiñamos que Pingas de Orballo contradicir o título da película española Non haberá paz para os malvados. Que nós os dous si lle tiñamos que levar a paz ós malvados. Paréceche?, pregunteille todo formal.
Logo de acenar co seu pescozo un si categórico e rápido, subín ó seu lombo, ela alzou o voo e de camiño a Ucraína pillamos unha rama de oliveira. Din os entendidos que elas as dúas, a oliveira e a pomba, son un dos símbolos da paz.
Como a distancia era longa, como eu, aínda que son un fideo, lle tiña que pesar algo, apodereime da rama de oliveira para que a pomba tivese o seu pico libre. Bastante tiña a pobre con darlle ás ás e aguantarme.
Ó chegar, pousamos no capó do jeep de Volodímir Zelenski. Non nos dixemos nada, pero el ben entendeu ó ver a oliveira e a pomba. Aterramos na mesa do despacho de Vladímir Putin e actuamos igual. Aínda que, a este, eu si o mirei de mala maneira. Pero nada lle dixen. Saímos voando camiño das trincheiras. E tamén ós dous minutos vimos como os soldados dun e doutro bando deixaban as armas e bailaban xuntos unha kalinka.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES