Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 28 de febrero de 2023
No Medio

Ninguén debería estar por encima do ben e do mal. Facer coma min, que non estou nin por enriba nin por debaixo. Estou no medio. Nin arre nin xo. Nin tose nin moxe. Non me fago notar moito; nin me deixo. Paso caladiño ante as circunstancias. Ante algunhas. Ante outras, nin no medio nin cerca dos extremos. Ante outras estou máis ben por encima do mal. Moi por encima. E rebento con frases que estouran as Pingas de Orballo liñas. E rebento coa carraxe que me furga nas entrañas.
No extremo do ben, e aínda que sexa por poucas veces, tamén adoito ir moito máis alá dun sentimento. E deixo que a emoción me embuche e que se me comprima o peito co peso da felicidade. Cando quero tamén sei ser moi bo. O que pasa é que non sei se non serei un cacho de pan moi poucas veces. O tempo dos heroes queda para os cómics e para as películas ianquis.
Non obstante, como dixen, síntome cómodo no limbo da rutina. Sen destacar en nada. Sen facer ruído. Ir ó meu paso, en silencio, caladiño. Mirar e deixar pasar. Non estorbar moito. Ser coma o gabián na galla dun piñeiro: contemplando o horizonte. Ser practicamente un cero á esquerda. Como dicía aquela frase: oír, ver e calar. Ata certo punto, carallo, ata certo punto. Tampouco hai que pasarse. Nin do ben nin do mal. Mellor no termo medio. Coma min. E a vivir que son dous días. É un dicir. Porque axiña nos empurramos uns ós outros para traspasar, para ir máis alá deses dous extremos. Eu achanto con forza os pés para quedar no medio.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES