Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Acabará en táboas

lunes, 27 de febrero de 2023
Acabar en tboas Un ano de guerra ruso/ucraína. E como confesou un analista militar seguirá para... acabar en táboas. Polo que tantas mortes, tantos refuxiados, tanto movemento militar, tanto gasto para nada. Ó principio, tal guerra foi por culpa de un ou de dous, ou por unha mexericada de nada. Agora, transcorrido xa un ano, a culpa é de todos. Tempo suficiente para negociar, intervir, meter presión, facer algo...; o que pasa é que quizais non interese. Para certos negocios é importante que siga a guerra.

Xa sei que non se pode comparar unha desas pelexas que adoitamos ver nas rúas cunha guerra, pero é algo moi semellante e cunha resolución moi sinxela. Entendemos que tal pelexa se iniciou por un cabreo dun ou de outro, mais cando notamos que o asunto se sae de nai, non tardamos en intervir para que a cousa non vaia a maiores. Por que non facemos o mesmo ante unha guerra? Esta guerra xa pasa de castaño escuro. E seguimos de mans cruzadas. Non, perdón, mandamos para alá catro aparellos de segunda man e que se busquen a vida.

Unha guerra longa que será verdade que acabará en táboas. Os mortos acabaron, acaban e acabarán no foxo, na escuridade. Os refuxiados acabaron, acaban e acabarán fóra dos seus fogares, das súas familias. E os demais seguiremos sen intentar parar esa masacre. Porque, uns, piden a fin do conflito baixo certas condicións e, os outros, piden o mesmo pero con outras condicións completamente distintas. Como se adoita dicir: uns por outros e a casa sen varrer, o traballo sen facer.

Os que si traballan son agora os concellos. As aldeas, vilas e cidades empezan a abrir as súas entrañas, empezan a estar patas arriba porque as eleccións está xa ó virar na esquina. Chegan as eleccións e as obras nótanse, vaia se se notan! E se non se notan moito, facemos que se noten: unha noticia na prensa dicindo que cegamos tal fochanca, que levantamos cal muro, que programamos tal evento ―con retranca, cultural―, que asfaltamos dez metros de estrada, que pintamos este ou aquel centro de saúde, este ou aquel centro de maiores, esta ou aquela gardaría; o caso é facer que se fai. Que non se diga que os concellos non miran polos seus veciños. En algúns si que debería haber unha guerra, e non en Ucraína...
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES