Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 24 de febrero de 2023
Leo Todo

De todos é sabido (e recoñezo que moi pregoado por min) da miña afección á lectura. Creo que cando falamos de lectura, a imaxe ou imaxes asoman á memoria en forma de libros, periódicos e revistas, maioritariamente. Non obstante, tamén leo algo que nunca confesei: os letreiros. Si, xa sei que os letreiros lerémolos todos, pero eu máis ben refírome á forma que teño de lelos: case sempre en voz alta.
Cando fago, por exemplo, unha viaxe longa en coche, aí é o meu. Gozo coma un anano. Leo en voz alta todos os letreiros cos que me atopo. En algún cruce de estradas, cando no mesmo letreiro hai varios nomes de aldeas, vilas ou cidades, leo de présa para poder lelos todos. Vaia de piloto ou de copiloto realizo a miña ladaíña coas letras ou nomes ou frases que se presenten diante dos meus ollos.Pingas de Orballo
Leo en voz alta todo aquilo que vai escrito en furgóns, camións, camionetas... Ás veces é certo que só murmuro; entón é cando o piloto ou copiloto soltan aquilo de "que dis?". Nada; estou a ler o que pon ese camión, ou o slogan desa marca que leva esa furgoneta, ou tamén, faltaría máis, as matrículas. Porque tamén son un fanático das matrículas. A maioría das veces sei que me crucei con algún veciño ou coñecido grazas ás matrículas dos coches.
Leo libros, leo subtítulos, leo xornais, leo folletos, leo revistas, leo letreiros e sinais e slogans e todo o que se pon diante dos meus ollos. Todo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES