Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 23 de febrero de 2023
Cantar

Subín ó alto dun carballo das Mestras e botei a cantar. Cantei a pleno pulmón. Cantei imitando a Bruce Springsteen e notaba que só me saían afonías. A miña nai díxomo sempre; ai, neno, que mal cantas. E unha nai sempre ten razón. Ou case sempre. Aínda sen saber cantar, aguantei a voz coma Camilo Sesto. Aquilo non se parecía nin a unha estrofa de Melendi.
Pingas de Orballo Cantei para que me oíran os veciños e tamén as estrelas. Porque xa era noite pecha. Gústame cantar a esas horas coma unha homenaxe ás noites da infancia, de cando volvía do monte coas vacas e entraba cantando en Baños de Molgas. Quero que se pense que era porque me gustaba o citado Camilo Sesto, tamén o Víctor Manuel e o Juan Pardo en galego; pero a realidade creo que cantaba para escorrentar un pouco o medo.
Agora practicamente non canto porque... a estas idades... Ademais, entre que non sei cantar e entre que xa me dá vergonza, mellor queda calar e, en tal caso, asubiar. Asubiar si que me gusta. E cando asubío habendo néboa son coma unha fotocopia de don Ennio Morricone cos seus spaghetti-western.
Hoxe toca cantar. Que para iso me subín ó carballo das Mestras. Canto para que me oian desde o barrio da Igrexa e mesmo desde a Follateira. Canto mirando ás estrelas porque é noite pecha. Canto porque me gusta cantar e a pesar de que non sei cantar. Non vou ser perfecto en todo; nin heroe eterno. Baixo do carballo e marcho para a casa... cantando.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES