Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ninguén o pon en dúbida

jueves, 23 de febrero de 2023
- "Ama ata que che doa.
Se che doe é bo sinal"
. (Madre Teresa de Calcuta)

Amar e máis sufrir son dos sentimientos que van collidos da man.
Cando amamos ata o extremo, sufrimos porque nos costa sacrificio.
Se amar non costara traballo, non tería valor.
Pero cando amamos de verdade, facémoloóprezo que sexa.
O amor non admite matices, ou se ama ou non se ama.
E tamén sufrimos cando non somos correspondidos.
Se nós sufrimos, os outostamén.
Evitando sufrimentos inútiles, saímosgañando todos.
Cando suframos, que sexa para amar ata que doa.

- "Ti podes facer cousas que eu non podo.
Eu podo facer cousas que ti non podes.
Xuntos podemos facer grances cousas.
"
(Santa Teresa de Calcuta)

A unión fai a forza. ¡Que bonita é a unión!
Uniónna familia porque familia unida, endexamais será vencida.
Unión co vecindario porque a convivencia pacífica favorece a axuda mutua e ninguén está libre de precisar axuda.
Unión coa amigos, porque os amigos son a familia que eliximos.
Unión cos do país para facer un país forte.
Unión con todo o mundo porque todos imosna mesma barca e todos queremos chegar a bo porto.

- O que se tarda anos en construílo, pode ser destruído nunha noite.
Construamos de todos modos.
(Teresa de Calcuta)

¡Que nunca decaian os ánimos!
Só as persoasvalentesconstrúen.
- Constrúe a infancia aplicada candoaproveita para formarse.
- Constrúexuventude que loita por conseguir os seussoños.
Moitostraballan de día e estudian pola noite.
-Constrúen os proxenitores que se desvelan por darllesunha formación en valores ósseusfillos.
-Cosntrúen os traballadores que cumprenrelixiosamente coa súasobrigas.
-Constrúe a ancianidade respectando e asesorando ós que veñen detrás porque representa a historia reciente.
Todos consruímos cando dámos o mellor de nós.
Independentemente que haxaquendestrúa; o importante é construir.

- Hai moitas persoas dispostas a facer grandes cousas; pero hai moi poucas persoas dispostas a facer cousas pequenas. (Teresa de Calcuta)

O noso afán por destacar, a nosa soberbia lévanos a arriscarnos en grandes empresas aínda que non estean ó noso alcance.
A veces estiramos máis o pé do que dá a manta.
A veces queremos construir castelos no aire.
A humildade é moi boa mestra.
Hai moitas persoas humildes que son o sostén do mundo porque fan de corazón aquelas pequenas cousas do día a día que van construíndo benestar para todos.

- Sabemos moi ben que non somos máis que unha pinga no océano, pero se esa pinga non estivera alí, ó océano faltaríalle algo. (Teresa de Calcuta)

Cada ser da Creación ten a súa misión.
Se o ser máis diminuto da Creación, ten a súa misión...
¡Canto máis importante non será o que facemos os humanos!
Os humanos somos os reis da Creación.
Temos todo á nosa disposición para que cadaquén cumpra a súa misión.
Tén a súa misión o xove.
Ten a sua misión o ancián.
Ten a sú misión o enfermo.
Ten a súa misión o san.
Ten a súa misión o rico.
Ten a súa misión o pobre.
Todos temos unha misión nesta casa común.
Por eso a nosa aportación por pequena que sexa, feita con amor, é importante.
Temos nas nosas mans a ciencia máis importante: o amor.
¡Quen nolo diría!

"A CIENCIA MÁIS IMPORTANTE"

Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES