Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 21 de febrero de 2023
Ruídos

Oín un ruído que me asustou. Hai ruídos que meten medo. O que oín era un ruído inocente, un ruído normal, un simple ruído. Era o golpeo dunha bombona de butano contra o remolque dun camión. Era ese ruído de cando o home que carrexa as bombonas pousa o obxecto sen moitas contemplacións. Xa digo, un ruído coma outro calquera. Pero asustoume. Non tardei en sorrir ante o meu propio susto.
Pingas de Orballo Os ruídos que meten medo adoitan ser eses que non sabes de onde proceden. Hai xente e, sobre todo, os cans que lle teñen pánico ós ruídos dos tronos. A miña nai gozaba con eles; a min gústanme. Eu gozo máis co ruído das tracas pirotécnicas. Na traca do rosario da aurora das novenas dos Milagres río e mesmo chouto de gozo.
Impresionoume e case podo dicir que pasei medo ante o ruído daquel tremor de terra ou daquel terremoto que apareceu pola noite na cidade de Ourense o día 22 de maio de 1997, cunha magnitude de 5,1. Aquel ruído foi o que máis me abraiou, incluso moito máis que notar ou ver como se movían certos obxectos no piso no que vivía.
Odio o ruído das motos sen tubo de escape. Molestábame e dábame pena o ruído dos porcos de cando se celebraba a matanza. Tamén me molesta o ruído dentro dun recinto pechado, xeralmente no coche. Hai ruídos que meten medo, pero hai un ruído que me leva ó ceo: o ruído do mar. Este compensa a todos os demais ruídos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES