Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Terremoto

viernes, 17 de febrero de 2023
Ao saber pola radio da gravísima situación entre Siria e Turquía, cavilei que se trataba de un conflito bélico repentino, que orixinaba un sanguento desastre. Non digo que me tranquilizou saber que era unha catástrofe natural, pero o arrepío é diferente.

Resultou ser o choque de placas en lugar inestable xeoloxicamente que, alterando o milagroso equilibrio do planeta, produciu milleiros de mortos e incontables dramas humanos irreparables entre os que estamos de paso na súa superficie.

Pero aínda afectándonos gravisimamente unha catástrofe así, sabendo que non se pode conter nin prever, aferrámonos a un fatalismo irremediable por entender que ao alcance da nosa man só está ser solidarios cos afectados.

E danos por pensar que sería moito peor o que podemos facer os humanos, por irracional, inxusto e imprevisible. Que comezar un conflito como o de Ucraína é un crime de lesa humanidade e abofetéannos as declaracións dun político que manifestou que Rusia non utilizará armas nucleares nesta guerra porque os xerarcas que a gobernan teñen medo á propia morte.

Ou sexa, que no momento en que un gobernante non tema á morte pode haber conflito nuclear?. Unha soa bomba nuclear que se dispare é peor que mil terremotos. Que lonxe aquela idea de que os terroristas non ían inmolarse por temer pola propia vida!. E como exemplo temos os kamikazes da segunda gran guerra ou os terroristas das torres xemelgas que matando, morreron; morreron matando. Aínda tendo en conta que o home é un lobo para o home, moi mal debemos estar para que sexa menos preocupante un terremoto asasino que algunhas posibles accións humanas!.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES