Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As bestas: relación coa terra

miércoles, 22 de febrero de 2023
Hai un mes vin a película de Rodrigo Sorogoyen "As bestas". Daquela escoitábase de todo, sendo opinións e críticas moi contraditorias que case ían da obra mestra ao estereotipo. Non sei se hoxe, despois de 17 candidaturas e 9 Goyas entre os que se contan o de mellor película, mellor dirección, mellor actor de reparto (Luís Zahera) ou mellor actor protagonista (Dénis Ménochet) estas críticas seguen vixentes...

En todo caso a min a longametraxe fíxome unha pregunta: que relación queremos ter coa terra? Queremos ter un vínculo emocional co medio no que vivimos ou facer del un simple produto económico? Quen se incline polo vínculo debe expoñer as súas ideas para fixar poboación no rural garantindo benestar e oportunidades para os seus habitantes. Opoñernos a proxectos agresivos co medio é vital pero debe ir acompañado doutros proxectos respectuoso e viables economicamente.

O vínculo emocional e a viabilidade económica enténdense ben. O problema é que hai quen confunde viabilidade con explotación. Provoca o conflito dende a sombra, aprovéitase del e ninguén ten porqué pedirlle responsabilidades.

Quizais deberamos revisar as nosas relacións da terra porque non é o mesmo traballala para vivir que explotala para medrar...

Parabéns a Rodrigo Sorogoyen e ao seu recoñecido elenco.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES