Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fortalezas da resiliencia

lunes, 20 de febrero de 2023
*Conferencia impartida por Manuel Riverona sede Afundación en Ferrol o día 7 de febrerio de 2023, dentro do ciclo Aula aberta do Arciprestado de Ferrol "La era post-covid", co título La Resiliencia como respuesta a la vulnerabilidad del Covid.

As persoas resilientesaprenden a descubrir e potenciar os seus múltiples talentos. Inverten o 80% dos recursos nas súas fortalezas e oportunidades e o 20% restante, actúan de forma preventiva ou protectora sobre as debilidades e amezas.

Todos temos múltiples intelixencias, non hai ninguén tan afortunado que as teña todas ou tan desafortunado que non teña ningunha, están máis repartidas do que semellan crenzas e realidades. É moi importante descubrilas, coidalas, potencialas e telas todasnun funcionamento coordinado. Esta dinámica, crea sinerxias positivas, que nos aportan lucidez, claridade e brillantez. Son os momentos nos que as dúas partes do cerebro traballan xuntas, de forma coordinada, sen entorpecerse nin solaparse.

A nosa misión tamén está en descubrir as intelixencias colectivas, identificar aos "Nodos" dos escenarios sociais, familiares, laborais, conectarnos con eles, para poder aprender, desaprender e ensinar , debemos de estar atentos, dado que, non todo o que está ao no noso alcance é fiable, dado que hai información sesgada, sen contrastar e con escasa base científica.

Os escenarios presentan retos diferentes, debemos por en práctica estes cinco criterios:
a) Aprender a aprender, aprender a reter, aprender a almacenar, aprender a recuperar e aprender a relacionar. Todo consiste en saber pasar os aprendizaxes da memoria a curto prazo a memoria a longo prazo.

b) Abrir a mente, a nosa mente é coma un paracaídas, se non se abre morre. Non debemos temer ao desorde e a incerteza que pode provocar a entropía: orde-desorde ou ao caos-cosmos. Todo volve a estabilidade, máis enriquecido. Trátase de ser atrevidos, pensar disociado do problema, romper paradigmas e atreverse a facer cousas de forma diferentes, sen necesidade de romper as barreiras da ética.

c) Aprender a estar atentos, a clave está en manter nunha atención serena e sostida.

d) Flexibilidade cognitiva. Precisamos aprender a ser innovadores e creativos, esa virtude que tiñamos cando éramos nenos. Descubrir os indicadores anticipados, que de forma directa ou indirecta están avisando do que vai acontecer, para poder cambiar as estratexias, cando o contexto ou a situación o permita e se precise.

e) Aprender a converter os obstáculos en recursos, os medos en retos, a superar as crenzas limitantese a identificar as interferencias.

A mesma sensación que temos cos talentos pásanos cos recursos, todos posuímos máis dos que que en realidade pensamos que temos. Os recursos son unha parte fundamental no proceso deaprendizaxe. Con frecuencia están desordenados, a nosa misión é a de organizalos e descubrir as súas múltiples aplicacións. Debemos de analizar se hai diferenza entre a rendibilidade real e posible rendibilidade potencial. Descubrir a marxe de mellora e sobre ese espazo temos que traballar para alcanzar a excelenciatanto de forma individual, como nos diferentes escenarios.

A comunicación da e quita autoridade e poder, todo dependen do que pensamos e nos dicimos a nós mesmos e o que pensamos e dicimos aos demais. Debemos de coidar a cadea de valor: palabra-pensamento-sentimento emoción.

Estes dez indicadores axúdanos a coidar a nosa comunicación e fortalecer a resiliencia:
1. Efecto primacía, ven a ser como o título dun libro ou os primeiros pasos dun concurso de baile, eses primeiros segundos van a marcar a valoración do proceso.
2. Efecto recencia, é o cerre, debe deixar un un excelente pouso, ben a ser, como unha boa sobremesa, compra ou encontro, que invita a volver e repetir.
3. Coidar toda a estrutura do discurso, debe de ser como un bo viño do Porto, con ese aroma e sabor equilibrado.
4. Frases cortas: suxeito, verbo, predicado.
5. Verbos de acción, en positivo e en plural
6. Utilizar palabras poderosas, evitar na medida do posible as de carga negativa.
7. Coller o hábito de expresar as frases en positivo, en lugar de dicir "Juan nunca chega tarde", é mellor "Juan sempre chega cedo".
8. Substituír o "pero" por o "ademais", nas ocasións oportunas. Pedro tivo excelentes notas, sete matrículas pero suspendeu matemáticas. A segunda parte da frase sacoulle o brillo a primeira parte, en cambio se dicimos "Pedro tivo excelentes notas, sete matrículas, ademais estou seguro que en setembro vai a superar a proba de matemáticas".
9. Debemos de coidar as imaxes mentais que proxectamos na nosa mente e na dos nosos interlocutoras.
10. Ter en conta que comunicar non é o queexpresamos, ca linguaxe verbal, corporal, por sinos ou por escrito, é o que interpretan e entenden os que nos escoitan, nos ven ou as dúas cousas a vez.

Unha comunicación responsable, harmónica, equilibrada e respectuosa debe de transmitir seguridade, fiabilidade e coñecemento. Precisa dos cinco sentidos, ou máis ben, tamén dun sexto que é esa sensibilidade, sentimento, positividade e inspiración que aporta o feeling, que a modo de abrazo os agarima a todos.

Nese proceso é fundamental a arte de escoitar e de observar, precisamos recuperar o ouvido absoluto, trátase de centrar o diale a capacidade de observación, cando o cerebro cambia o foco de atención, somos capaces de ver cousas totalmente diferentes.

As persoas resilientes en toda a súa traxectoria vital coidan estas tres motivacións en todos os escenarios nos que interactúan:

Motivación extrínseca: é a remuneración monetaria, todos precisamos ter un salario digno, que nos permita vivir con comodidade.

Motivación intrínseca: ven a ser o salario emocional, que aporta o desempeño do posto de traballo, no que se respecta e valora a persoa e se coidan as condicións e o tempos de traballo.

Motivación transcendente: son as externalidades positivas que aporta ao entorno e a sociedade en xeral, os produtos ou servicios, ben a título individual, empresa ou organización nas que inverte a maior parte do seu tempo.

A resiliencia materializase ao establecer metas retadoras e conseguilas, unha meta é retadora cando, pasa o filtro destes dez principios: específica; positiva; realista; ética, ecolóxica; conta con recursos para levala a cabo; cun plan estratéxico; un marco temporal; ten indicadores fiables, que nos informan dos nosos avances e se pode avaliar se a ecuación rendibilidade esforzo está equilibrada.
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES