Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 16 de febrero de 2023
Voltas

Dou tantas voltas, tantas voltas que non sei se non marearei a perdiz. E ela que culpa ten das miñas arroutadas. Porque as miñas voltas son arroutos que me dan cada dous por tres, que é o mesmo que dicir moi a miúdo. Dou tantas voltas que en vez de ir polos cerros de Úbeda métome polo Outeiro Barbeiro, que coñezo moito mellor. Vaiche boa!
Tamén dou voltas polo espazo sideral. Só polas noites, que é cando mellor se soña. E se Pingas de Orballo soñar xa é bonito en por si, imaxinade polo espazo sideral. Aquí, nestes soños, hai veces que me atopo con certos alieníxenas ou extraterrestres. Fágome amigo de todos eles. Eu son bo de conquistar. A ver, cando alguén me tira da muxica, da charamela, tamén sei acenderme.
Dou voltas coma aqueles peóns que tirabamos na Aira de Arriba de Baños de Molgas. Faciamos competicións con eles. Quen o tiraba con máis elegancia. A quen lle bailaba máis tempo. A quen lle aguantaba máis bailando na man. Etcétera. Por certo, o tempo contabámolo a base de numerar porque, naquelas épocas, o reloxo era un obxecto prohibitivo. Os peóns eran para os pobres.
Dou voltas polos montes Medo, Pinouzos e Os Castros; polas cidades galegas, polas vilas de Ourense e polas aldeas do meu concello. Dou voltas na cama cando padezo insomnio, ou sexa, todas as noites. Dou voltas pola Valenzá para mirar para os coches e faiados, para a xente e o ceo azul da tarde. Dou voltas por un caderno cuadriculado para choutar dunha liña a outra e formar un relato, este relato.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES