Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A maior riqueza

jueves, 16 de febrero de 2023
Está claro que a maior riqueza é a saúde; pero a economía tamén conta.
As estadísticas din que no mundo hai uns poucos ricos e moitísimos pobres.
Para conseguir riqueza económica, necesitamos poder e cartos; pero hai moitas cousas que os cartos non poden mercar.
Afortunadamente hai outros tipos de riqueza á que todos podemos acceder: a riqueza de amar e ser amados.

-A FALTA DE AMOR É A MAIOR POBREZA, di Teresa de Calcuta.
Daquela o AMOR é a maior riqueza.
Dar e recibir amor é o mellor que nos pode pasar.
Cando recibimos amor, é para compartilo e cando o compartimos xa é porque posuímos a maior das riquezas.
Canto máis amor reine nas nosas vidas, máis ricos seremos.
Se reinara o amor na vida de todos, seríamos plenamente felices.

- SE NON TEMOS PAZ NO MUNDO É PORQUE ESQUECEMOS QUE NOS PERTENCEMOS MUTUAMENTE.
ESE HOME, ESA MULLER, ESA CRIATURA É MEU IRMÁN, É MIÑA IRMÁ. (Madre Teresa de Calcuta).
Realmente todos estamos feitos de mesma masa; pero o poder e os cartos, cégannos e parécenos que somos donos do mundo e convertímonos en persoas egoístas e soberbias.
¡Que enganados estamos!
Vimos ó mundo sen nada e ímonos sen nada.

-O QUE IMPORTA É CANTO AMOR POÑEMOS NO TRABALLO QUE REALIZAMOS. (Madre Teresa de Calcuta)
¡Como se nota a diferencia cando unha persoa fai algo por amor e outra sen el!

Cando un estudiante pon alma vida e corazón nas súas tarefas, estas destacan en orde, pulcritude, beleza, esmero e progreso académico.
Non é así no caso do que estudia á forza, sen ganas de superarse.

Cando uns proxenitores se entregan á crianza e coidado dos seus pupilos, estes medran felices en sabedoría e bondade.
Cando non, saen mal educados e a veces bótanse a perder...

Cando un traballador traballa a conciencia como se para el o fixera; o traballo loce e salta á vista. Cando non, todo vai mal.

Cando un empresario trata con amor ós seus empregados, a empresa medra. Cando non, vai a menos.
E así pasa con todo.

Se queremos un mundo mellor para todos, temos que poñer moito amor no que facemos.

ENCONTRÉMONOS SEMPRE UN Ó OUTRO CUN SORRISO.
O SORRISO É O PRINCIPIO DO AMOR. (Teresa de Calcuta)

Cando alguén nos recibe cun sorriso pensamos ben por partida doble:
Por unha banda que a persoa que sorrí está feliz e quere compartir con nós a súa felicidade.
E por outra convídanos a nós a sorrir tamén, establecendo deste xeito unha sinerxia de felicidade mutua.

-O NOSO EXAME DE CONCIENCIA É O ESPELLO NO QUE VEMOS OS NOSOS LOGROS E AS NOSAS DIFICULTADES.
POR ESO DEBEMOS AFRONTALO CON SINCERIDADE E AMOR.
(Madre Teresa de Calcuta)
A nosa vida é a mellor empresa que temos.
Do mesmo xeito que quen ten unha empresa fai as contas ó remate do dia; debemos facer nós un repaso do vivido ó longo da xornada.
Se tivemos acertos, podemos felicitarnos e agradecelos; e se non, mirar de facer todo o posible para rectificar a próxima vez.
Rectificar con sinceridade e amor.
En caso contrario enganámonos a nós mesmos.

-OS CARTOS SÓ PODEN COMPRAR COUSAS MATERIAIS COMO ALIMENTOS, ROUPA, VIVENDA.
PERO PRECÍSASE ALGO MÁIS.
HAI MALES QUE NON SE PODEN CURAR CON CARTOS SENON SÓ CON AMOR. (Madre Teresa de Calcuta).

Cómpre traballar honrademente para conseguir tódolos bens materiais que precisamos; pero moitas persoas viven tristes tendo aparentemente de todo.
Teñen de todo o material; pero están baleiras por dentro, por eso non son felices.
¡Que nunca nos falte o amor á hora de aliviar os nosos padecementos psicolóxicos e espirituais porque o amor é a maior riqueza.
Eso ninguén o pon en dúbida.

"NINGUÉN O PON EN DÚBIDA"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES