Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dúas traxedias, un esperpento

lunes, 13 de febrero de 2023
Das traxedias, un esperpento A semana deu para moito. E do que máis se informa case sempre é de calamidades, traxedias, maldades e políticas podres. Agora mesmo, segundo estaba escribindo estas dúas liñas, pola TVG asomaba unha nova traxedia: a acaecida en Calvelo, no concello de Baños de Molgas, da morte dun veciño ó que se lle botou unha árbore encima. O mundo labrego ten moito máis perigo do que se pensa: entre cortas de leña e tractores, todos os anos deixan unha boa restra, un bo rosario de falecidos.

Aínda que para falecidos os do terremoto de Turquía e Siria. Si, xa sei que se falou e aínda se falará moito del, pero a verdade é que impresiona; tanto polo número de mortos (no momento de escribir isto, case 24.000) como, polo menos para min, todas esas criaturas que quedaron esmagadas pola inmensidade de edificios que se viñeron abaixo. Por certo, por que non nos entra na cabeza que sería moito mellor gastar menos en armamento e máis en construcións sólidas, en construcións que non se veñan abaixo cun simple sopro ou cunha simple sacudida. Certo, a sacudida non foi tan simple (de 7,8 e 7,5), pero aínda así penso que cunhas boas estruturas, o número de mortos non sería tan enorme. Logo, para máis aquel, se aínda por encima se tarda en xestionar as axudas, pasa o que pasa. Ou se Siria pon pegas para recibir as axudas internacionais. Un país no que, por certo, todo son desgrazas; leva case doce anos cunha guerra civil con medio millón de mortos e case sete millóns de refuxiados. E agora o terremoto.

Dúas traxedias, un esperpento Para descansar un pouco das desgrazas, temos o esperpento. O esperpento deses trens que non collerían polos túneles. Isto recórdame a unha anécdota cun veciño de Presqueira, en Baños de Molgas, do que se dixo que fixera un garaxe co seu autobús dentro e que, claro, no momento de sacalo, non collía pola porta. Era unha anécdota da que nos riamos moito e da que acababas dicindo, por suposto, pois que parvo era. Así é que non queda outra que chamarlles máis que parvos a eses que planearon uns trens que non collerían polos túneles. Quero imaxinarme a Valle-Inclán tomando un café e sabendo esta nova. Entraríalle a risa... ou a carraxe. A min case me dan ganas de subirme á cola do Cometa Verde e fuxir de aquí. Ó mellor dentro 50.000 anos temos máis cabeciña. Ou menos. Porque xa nin existiremos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES