Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 15 de febrero de 2023
Remedios caseiros

No libro El peligro de estar cuerda, de Rosa Montero, esta comenta que a escritora neozelandesa Janet Frame escribía no seu libro autobiográfico Un ángel en mi mesa que o seu pai abrandáralle o pandeiro (azoutes no cu) para que, ó chorar, durmise mellor. Lin isto e apareceu coma un flash, coma un lóstrego na miña memoria a miña nai facéndome exactamente o mesmo: "toma e toma, e xa verás como ó chorar dormes mellor". O caso é que si tiña algo de razón. A chorada deixábame esgotado e durmía.
Pingas de Orballo Xa que falo de remedios caseiros; había outros dous horribles que producían máis que bágoas e esgotamentos de tanto chorar. Porque, a maiores dos propios remedios, estaban as labazadas que recibía para acatalos. Lembro aquel aceite de fígado de bacallau que me facía tomar porque me doía tal ou cal cousa, e seica valía tanto para o tute como para a brisca. O seu sabor era tan noxento que a subida ó monte Calvario quedaba nunha cousiña de nada. O terceiro remedio caseiro si que era criminal, en plan besta. Que para a dor dos oídos parece que era bo ciscar no conduto auditivo aceite practicamente fervendo. Visto agora o asunto, non sei como non nos deixaron xordos de verdade.
Entendo que o facían polo noso ben e a ignorancia era cega ante unha situación que te podía aliviar. O que realmente facía era padecer un calvario horrible, doloroso e esgotador. Quedabas fundido logo de tantos choros e berros e penalidades e labazadas. Remedios caseiros nunha infancia chea de bágoas. Menos mal que a inocencia da propia infancia era coma un cambón que axudaba a tirar para adiante.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES