Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 14 de febrero de 2023
Por unha boa causa

Fará así coma dous meses e medio realicei unha desas proezas que, alguén, poida que non entenda pero que para min era moi necesaria: fun a Madrid en burro. Por unha boa causa: a da busca dunha cura para as linguas que se botan a pacer sen parar mentes. Para tal acontecemento tiven que buscar algo de financiamento. Non tardou en apoiarme a empresa local Cri-Cri, que se dedica a dar grilos en adopción. Pingas de Orballo O nome da empresa lucía nas alforxas que colgaban no lombo do meu Gumersindo.
Saímos ben cedo e cando cheguei a Xinzo de Limia tiven que baixar do burro porque a xeada estaba a conxelarme. Así, ó andar, entraban os pés en calor. Polo demais, o camiño foi vento en popa e recoñecendo e admirando o bo comportamento da xente con nós; dándonos algúns comida e fonda. Mesmo para o propio animal.
Cando entramos en Madrid e quizais pola publicidade que se lle fixera á miña aventura, na Moncloa había ringleiras de xente animándonos, aplaudíndonos e con charangas cada poucos metros. Unha festa! Na praza maior estaba a esperarnos unha gaita galega. Eu bailei unha muiñeira e Gumersindo orneou como nunca orneara.
Ofrecéronse moitos a traernos de volta en transportes apropiados para o burro. Negueime porque lles dixen que... eu xubilado e o burro, desde que abandonei as leiras, coma se estivera tamén xubilado, tiñamos todo o tempo do mundo. A boa causa xa a realizara, así é que...
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES