Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A resiliencia como resposta a vulnerabilidade do COVID

lunes, 13 de febrero de 2023
*Conferencia impartida por Manuel Rivero na sede Afundación en Ferrol o día 7 de febreiro de 2023, dentro do ciclo Aula aberta do Arciprestado de Ferrol "La era post-covid", co título 'La Resiliencia como respuesta a la vulnerabilidad del Covid'.

Todos sufrimos de forma directa, indirecta ou de forma conxunta as consecuencias negativas do COVID 19. Aquela primeira visióndesde lonxe, foise achegando e de repente golpeou con dureza os escenarios familiares, sociais, económicos e laborais.
Os indicadores anticipados anunciaban que era inmediato e certo que a traxedia estaba chamando ás nosas portas, que ía formar parte das historias de vida e marcar un fito entre un antes e un despois.

Ninguén puido quedar á marxe. Foi un NÓS colectivo de penurias, incertezas e desorientacións.

A pandemia rompeu as barreiras do espazo e do tempo, cruzou fronteiras a gran velocidade, sen ter en conta a ricos e pobres, democracias ou ditaduras, raza, lingua ou relixión, desenvolvemento ou atraso económico.

A dureza foi máis extrema, intensa e duradeira cos débiles, enfermos pobres e cos que estaban no escenarioda exclusión social ou a punto de formar parte dese colectivo, por veces mudo e invisible e outras moitas silenciado.

O Covid rompeu paradigmas, mudou crenzas, fortaleceu valores e fíxonos máis agradecidos. Ensinounos a valorar traballos, empresas, organismos e funcións, tanto públicas como privadas, que estaban aí presentes, que nos facían a vida máis fácil e que apenas nos dábamos conta ou non as valorábamos como se merecían.

Sacounos a venda dos ollos, púxonos diante do espello e de repente vímonos espidos, con pes de barro, camiñando sobre areas movedizas, baixo un ceo chumbo e tráxico. Estábamos ante un círculo vicioso que se retroalimentaba e medraba de forma descontrolada.

Grazas ao avance da ciencia e o apoio económico, foi posible ir aplanando ese enorme pico de risco e a curva foi descendendo de forma suave.

Que gran aprendizaxe, a pesar das perdas e das ausencias, esas vivencias mudaron os nosos ollares do que somos e a realidade na que vivimos. Todo semella que esa peste veu para quedarse de forma indefinida, con diferentes modalidades e formatos.
O dicionario da Real Academia Española define a resiliencia, como a capacidade de adaptación dun ser vivo fronte a un axente perturbador ou un estado ou situación adverso.

A resiliencia e a vulnerabilidadeven a ser as dúas caras da mesma moeda. Camiñan por o mesmo itinerario, unhas veces xuntas e outras unha diante e a outra detrás a escasa distancia.

Fronte ás ameazas da vulnerabilidade, con frecuencia, aparecen as fortalezas da resiliencia, de dúas formas: preventiva, isto sucede, cando vai diante, para que o posible dano non se materialice e protectora, cando vai detrás, para minimizar os efectos negativos da vulnerabilidade e na medida do posible restablecer de novo o equilibrioentre todos os sistemas, que se precisan para sobrevivir e funcionar correctamente.

Podemos asociar a vulnerabilidade ao risco. Todos somos inmensamente vulnerables.A lei 80/20, dáse nestas dúas variables independentes:
A vulnerabilidade, é un factor externo. Sobre o 80%, temos escaso ou nulo control, en cambio temos unha maior incidencia no 20% restante.

Coa resiliencia ocorre o contrario, o 80% é un factor interno, sobre o que temos un gran control e o 20% é externo, sobre o que apenas podemos influír.

Estas dúas variables independentes, dan lugar a numerosas variables dependentes que contribúen ao equilibrio e benestar ou ao desequilibrio e malestar persoal.

A resiliencia é un factor interno, no que todos temos numerosos recursos, para descubrila, rendibilizalae potenciala.

De forma resumida, enumero dez principios:
1. Coñecerse. Coñécete a ti mesmo. Construíte a ti mesmo. Debemos analizar, a modo de (DAFO), cales son as fortalezas e as debilidades e onde están as oportunidades e as ameazas. A misión consiste en potenciar as fortalezas, minimizar as debilidades, aproveitar as oportunidades e evitar as amezas.

2. Autocontrol, todo depende como se xestionan os éxitos e os fracasos, a humildade, a fortaleza e a templanza., son excelentes compañías. Precisamos, por momentos, axustar e regular o reloxo emocional,

3. Sentirse ben. Conseguir o estado de fluidez, que leva ao escenario do equilibrio individual, familiar, social e laboral

4. Comunicar, a comunicación da e quita poder e autoridade, é moi importante o qué? cómo? e para qué? o dicimos, tanto a nos mesmos como aos que nos rodean

5. Coñecer os escenarios onde interactuamos cos seus códigos, canles, signos, símbolos e metáforas.

6. Pensar antes de actuar:
- Preparación, todo o que se prepara acontece con maior frecuenciae atrae ideas interesantes
- Incubación: a mente disociase do problema e encontra a solución
- Iluminación: Eureka, insaigh
- Verificación, comprobar que o resultado é un proceso empírico de causa-efecto.
7. Ser moi traballador, disciplinado e orientado a resultados. Cando veña a inspiración, a poder ser, que nos colla traballando

8. Asumir riscos, convivir e entender a incerteza. Pensen na tartaruga ou no caracol, se non saen da cuncha morren.

9. Ser creativos, innovadores e divertidos. Atreverse a facer cousas diferentes.O sentido do humor alarga a vida e evita enfermidades.

10. Aprender a vencer obstáculos e a converter os medos en retos
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES